Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

martes, 27 de setembro de 2016

Ola nenas e nenos!!! 

Xa so queda unha semana para que comezen as nosas actividades de animación a lectura os martes pola tarde. Preparárevos para a visita sorpresa de Pingüi. Pronto chegará o correo.

luns, 12 de setembro de 2016

Comezamos! aquí tedes algunhas recomendacións que Pingüi nos fai.


luns, 5 de setembro de 2016

Horarios

Ola pingüi amig@s!
Neste novo post imos das a coñecer os horarios da nosa biblioteca.

Como sabedes dentro de cada escola temos unha que está a vosa enteira disposición diariamente. Nelas fanse prestamos e todo o que precisedes para consultar.

Pero ademais, posuimos a nosa biblioteca central ubicada na SEDE do noso CRA. Sempre que a requirades alí a tedes pero non esquezades visitarnos os martes pola tarde (sempre temos sesións de animación a lectura, feitas polo propio profesorado do centro ou por coñecid@s amantes do mundo bibliotecario).

Aquí poñemos o horario:


Tamén recordarvos que as experiencias dos MARTES comezan o primeiro martes de outubro e rematan o último martes de maio. Grazas e adiante pingüi lectores.

domingo, 4 de setembro de 2016

Pingüi.

Ola amiguetes!

Esta entrada é para presentarvos a PINGÜI @ amig@ que vive na nosa biblioteca.
Pingüi leva con nos moitos anos, case, case dende apertura do noso CRA.
 É moi especial para tod@s. Acompáñanos en cada festa, celebración, pola semana, cando temos disgustos... Sempre podemos contar con Pingüi.
 Cando chegou a escola non tíñamos moi claro o motivo, nen o porqué se quedara a vivir na nosa escola. Pero con un gran conto, que por certo vemos de vez en cando, amosounos como foi o seu percorrido para chegar ata aquí.
Queremos moito a est@ colega. E polo menos un día a semán escríbenos unha carta que por arte de máxia chega as nosas escolas. Queredes vel@?

 Pica en Pingüi

A que é fabuolos@. (Pica en Pingüi e verás...)

xoves, 1 de setembro de 2016

Benvidas e benvidos a biblioteca de Pingüi!

Somos o CRA de Oroso. Formamos parte deste proxecto educativo catro maravillosas escolas: Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide. Cada unha delas diferente, pero a vez con metas comúns. A nosa bibloteca é o eixo que equilibra e fai que avance o noso proxecto pedagóxico. Grazas a ela podemos mergullarnos en novos desafíos. O noso alumnado atopa un lugar de esparcemento, contacto, tranquilidade, mundos por explorar, amizades por coñecer... Pero sobretodo un ente vivo, que os axuda a avanzar e lograr esa meta soñada a cal todo o mundo quere chegar. A biblioteca de Pingüi é o instrumento máis valioso que temos.