Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

venres, 21 de decembro de 2018

GRAN FESTIVAL DE NADAL!!!

    

Supoño que quedades coas ganas de ver máis. 

Pero querédesnos escoltar?

Aquí tedes o rap do CRA de Oroso. Bo Nadal.

mércores, 19 de decembro de 2018

O homiño de mazapán

Vaia tarde máis doce!!!

Hoxe coñecimos un conto novo e ademáis elaboramos un doce espectacular de Nadal: mazapáns.

  
 

Mirade que pintaza!

 

Durante a creación desta receita gozamos do conto: O homiño de mazapán.

Este libro foi escrito por: Raquel Méndez. Escritora de outros libros como o dos dous corcovados, adaptación dos tres porquiños de OQO...

A súa ilustradora é Elia Manero.

Que panchada levamos!!!



sábado, 15 de decembro de 2018

O nadal xa chegou, cheo de doces e amor...

Ola cativada!

Sabedes que é o Cascanoces?

Clicade en min e veredes cal é o meu problema de nadal.

Este martes volvemos a ter sesión de animación. Pero imos coñecer a outro personaxe igual de importante nestas festas. Conto con todo o mundo.

Pingüibikos!!!

mércores, 12 de decembro de 2018

Sopa verde para tod@s!

Ola guapetes!!!

Este martes o libro escollido para amenizar a tarde foi:


Resultou un éxito e fixemos unhas receitas foi ricas. 

A súa escritora é Ángela Madeira Palmeiro e o seu ilustrador Till Charlier, ten un lote de contos e libros coñecidos nos que traballou.

Mirade algunha foto das preciosidades que fixemos:

 

martes, 11 de decembro de 2018

Saída escolar!!!

Ola viaxantes!!!

Que luns máis movido, non?. Sempre andades a pasear. 

Que tal a saída escolar? Xa sei que en Trasmonte xogástedes e foi unha xornada fantástica. Que boas e bos anfitrionas e anfitrións!!! Grazas por ser tan amables e prestar a vosa escola para todo o CRA.

Para que non esquezades...


E xa sabedes continuade coa campaña OfiRaee. Reciclade os aparellos eléctricos e electrónicos nos lugares axeitados: puntos limpos, tendas de recollida...

Animo cativada! Demos exemplo!!!


luns, 10 de decembro de 2018

Novo martes novo conto

Ola figuras!

Estades desexando tanto coma min a chegada do Nadal?. Xa vedes que non queda nada de nada. 

Quero recordar que este martes volvemos a ter unha tarde moi animada de lectura. Tedes que vir xa veredes que ben o pasamos!

Eu este Nadal ando a correr. Sabedes por que?

Pois Papá Noel, o Apalpador e os Reis Magos precisaban axuda así que ando a botarles unha man. 

Se querelles xogar un pouquiño...

domingo, 9 de decembro de 2018

Deixebre vai de viaxe!!!

Ola colegas!

Non sei se o sabedes pero as nenas e nenos de Deixebre marcharon de viaxe a Mercería María en Sigüeiro.

Unha persoa moi xenerosa convidou a toda a escola a ir traballar as matemáticas, plástica, coñecemento do entorno... ducha maneira diferente.

Polo que me contaron pasárono pipa, repipa. Mirade que vídeo - resumo!

Por certo, mil grazas pola invitación e non olvidedes que se precisades mercar botóns, goma, lazos, medias... e mil cousas máis acudide a mercería María de Sigüeiro (Oroso). É fabulosa.



mércores, 5 de decembro de 2018

Ollo!!!

Recordade que do xoves ao domingo non temos cole. Así que lede moito e descansade. Moitos pingüibikos!!!

El libro negro de los colores


Este foi o libro que coñecemos na pingüibiblio de Vilarromarís. Móstranos como coñecer as cores sen chegar a velas. Queredes saber como?. Só tedes que lelo...

Foi escrito por Menena Cottin: (clica na fotografía para saber máis)


E ilustrado por Rosana Faria: (clica na fotografía para saber máis)


Queredes ver un pouquiño do conto?. Pero cóntovos un segredo?. O mellor deste conto é sentilo polo tacto, o aroma... é único.


   

luns, 3 de decembro de 2018

Vexo negro, negro...

Ola compis!!!

Hoxe levanteime coa sensación de que me estou perdendo algo. Non sei... Será unha festa?, será unha visita a doutora?... Non sei, non sei. Pero vexo todo negro, negro, negro...

 
Clica!

O conto deste martes vai sobre a cor negra. Tedes que velo é moi interesante. 

Recordádelle as mamás e papás que pola tarde tamén teñen escola. Van aprender moitas cousas mentres estades na biblioteca. Que non se esquezan de asistir. As avoas e avós están convidad@s. 

Para xogar coas cores aquí queda unha página de mémoris. Animo xa veredes que diver!!!

Saída escolar: Visitamos as nosas escolas.

Ola viaxeir@s!!!

Preparadas e preparados para a primeira saída escolar?. Será o luns 10 de decembro durante toda a mañá. (Oxalá faga bo día).

A visita está unida ao día das Letras Galegas que están radicadas a Antón Fraguas Fraguas. Foi escritor, historiador, antropólogo... Adicou a súa vida a coñecer a Galicia, xa foran lugares, costumes, artesanía... A nosa cultura era a súa forte de estudio.


Nós tamén debemos coñecer o noso pobo. Polo cal a primeira excursión será coñecer as escolas do CRA de Oroso. Sabedes que temos catro: Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide. Pero ademais contamos coa sede onde eu vivo: Vilarromarís. (visitade a página web do colexio para ver a ubicación delas)

Dispostos a viaxar e coñecer o noso entorno?... Preparade a mochila e a trotar.



Por certo, temos unha visita foi especial que nos agarda en Trasmonte. Pista...






mércores, 28 de novembro de 2018

ERIKA

Ola ourizos cachos!

Que tal este martes na biblioteca?.

Xa vin que seguides lendo moito e aprendedes a utilizar a nosa pingüibiblio. Polo que observei contaron un conto moi entretido chamado: Erika. No soy perfecta.

Este libro foi escrito por Alfonso Bañeres e ilustrado por Alfredo Piedrafita. Vemos un mensaxe a favor da autoestima e a importancia do coidado dos animais. Abandoalos por que non sexan "perfectos", non é a solución.

Por unha casualidade da vida tamén atopei outra historia moi especial. O seu protagonista é  NATURIZO. Son unha colección de contos sobre un ourizo cacho que vive por Ourense. En cada un aparecen outros personaxes moi interesantes que tentan coidar o seu medio e divirtense nas festas tradicionais. Gustaríavos coñecelo?. Clicade en NATURIZO:


Non perdades a súa canción!

Os seus autores son: Alba De Evan Freijedo e Javier Domínguez Pérez.

Tamén ten unha conta de Instagram, coma nós: https://www.instagram.com/explore/tags/naturizo/




martes, 27 de novembro de 2018

Radio na escola

Ola pingüi radiofónicos!

Hoxe veunos visitar a Radio Galega e fíxonos unha entrevista para o programa Galicia por Diante. Quique entrevistou ao alumnado o mostrounos como é unha radio. Grazas! Queredes escoitalo?

Saída escolar

Ola amigas e amigos:

O outro día entrou pola fiestra da biblioteca unha folla de cor violeta e con círculos negros. Parecida a esta: 

Cal foi a miña sorpresa, que resulta que tiña boca e falaba coma un loro.

Contoume que as nenas e nenos do CRA de Oroso ían de excursión a Sigüeiro. Que visitástedes un montón de lugares.

Primeiro o CEIP de Sigüeiro onde houbo unha actuación de Martiña Soñadora. Sábela King e Carlos Gil Fandiño deron un concerto fantástico onde puidestes cantar e gozar de diferentes ritmos musicais. A folla díxome que o Concello de Oroso trouxo esta opción musical.

Despois vístedes actuar as nenas e nenos mariores do IES de Oroso. Vaia baile se marcaron! Que ben o fixeron!. Houbo un manifesto fantástico sobre a importancia de previr a violencia de xénero. Todas e todos en negro!. Os comerciantes locais tamén colaboraron co peche dos seus negocios. 




E para remate da xornada coñecístedes as carteiras e carteiros do Concello. Amosaron a sua labor e como as cartas chegan aos nosos fogares. Grazas!

Para recordar aquí sedes un pequeno vídeo:




luns, 26 de novembro de 2018

Martes de outono.

Fixástesvos de que cada vez faltan máis follas?

Sentístedes o frío e a choiva?

Cada vez o outono corre máis e imos chegando ao inverno. Parece mentira pero xa o Nadal está petando na porta da escola.

Que tal ese comportamento?. Espero que sexa excelente senón xa sabedes carbón e castañas...

Este martes imos seguir falando desta maravillosa estación e dun animaliño moi picudo que se fan bola e corre polo monte, sobretodo de noite.

Sabedes que é? Non son eu, i, i, i...

Xogade e descubride. Tedes que dicir tres posibles solucións e despois darlle o botón para resolver. Quen acertaría?





venres, 23 de novembro de 2018

xoves, 22 de novembro de 2018

Traballamos a saúde!

Ola pingüisaudables:

Que tal estades? 

Xa me enterei que polas escolas pasou a visitarvos o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña. Mandaron a Ana, unha profesional no tema que explicou moitas cousiñas interesantes. Ollade!


RECORDAR...

Ola chicas e chicos:

Recordade que seguimos publicando na nosa conta de Instagram recomendacións lectoras e outras novidades. Estade atentas e atentos.

Clicade en min!

mércores, 21 de novembro de 2018

Monstro Rosa

Ola monstr@s!

Unha tarde máis reunímonos na pingüibiblio. Este martes vimos un conto feito por Olga de Dios. Esta muller escribe e ilustra libros infantís. Hai historias tan maravillosas como:

   
Tedes todos estes contos e máis na página web da autora.

Foi unha tarde maravillosa onde vimos como a cor é algo fundamental na vida de tódolos seres. A liberdade de escoller e elixir. Na diversidade está a riqueza.

  

Aquí queda un pequeno vídeo:



luns, 19 de novembro de 2018

Martes contra a violencia

Ola chuchis!

Preparadas e preparados para outro martes lector?.

Vinde con tino que na biblioteca teño un monstro agachado. Agarda que cheguedes para asustar e impresionar. 

Píca a curiosidade?. Deixo un vídeo para ir metendo dente:


Semana contra a violencia de xénero

Ola meus pingüicolegiñas!

Quero recordarvos que esta semana conmemoranse varias cousas. Temos o día universal das nenas e nenos (20 de novembro) e o día internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro).

Nas escolas imos celebrar estas datas e a pingüibiblioteca vai propor distintos libros para profundizar en ámbolos dous temas. 

Recordade que para saber máis do asunto imos ver unha actuación, subvencionada e proposta polo Concello de Oroso.

Preparádevos compis!


https://ennegrocontraasviolencias.gal

mércores, 14 de novembro de 2018

O martes dos alimentos

Ola fenómenos:

Na biblioteca falamos sobre os alimentos e o importantes que son para a nosa saúde. Decatámonos de que o deporte é tamén moi. 

Esta tarde limos dous contos. O primeiro deles titúlase: 



Este libro foi escrito por Davide Calí e ilustrado por Evelyn Daviddi. 

Neste relato primeiro notamos como as nosas babas caían no Chan. Menuda envexa! Pero despois decatámonos que non todo nesta vida e comer larpeiradas. Provocan máis mal que beneficios a nosa vida. Todo na súa xusta medida.

A continuación, cambiamos e gozamos dun conto titulado: 



Debacámonos de que non todo o mundo ten que ser como querer os demais, pero tamén do importante é seguir ao corazón.

Este libro foi escrito e ilustrado por Ayesha L. Rubio.

Pero non so fixemos iso. Tamén xogamos, a que?. Pois a un bingo de alimentos, atopámolo na seguinte páxina: (clica na foto)


Se queres xogar... 



luns, 12 de novembro de 2018

Martes de conto e mércores de magosto

Ola pingüicolegas!

Este martes temos un gran día por diante. Quero que veñades visitarme e poidamos adentrarnos no mundo das letras. Xa sabedes que na nosa biblioteca é un lugar de libros por ler e coñecer. Precisares facelo para alimentar a vos cabeciña. Pero... como colaborades para dar de comer o voso corpo?

Imos falar dun aspecto tan importante como a alimentación. Seguro que nas escolas as mestras e mestre falan a miúdo deste tema. 

Esta semana hai varios días que conmemoran temáticas importantes deste campo: o día mundial contra a obesidade (clicade) e o día mundial da diabete. 

Seguro que queredes saber que é a diabete. Aquí queda un pequeno vídeo, espero que vos axude: 


Magostoooo????

Ola castañeiras e castañeiros:

Seguro que xa estades desexando que chegue este día. Eu tamén!!!

Castañas, chourizo, pan... Este mércores, 14 de novembro esperamos que por fin se celebre. Conto con todas e todos?

Espero que salga Lourenzo e a choiva descanse. 

Queredes escoitar unha canción sobre a festa?. Pulsade no título:




Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto.
Non chas quero, non chas quero
que me cheiran a chamosco.
A castaña no ourizo
quixo rir e rabeou
caeu do castaño abaixo
iso foi o que gañou.
A castaña no ourizo
eu ben che sei o que fai
se está verde madura
e se está madura cae.