mércores, 27 de marzo de 2019

O burriño Platero

Este martes o conto que lemos foi: El burrito Platero da editora Susaeta. Este libro é a adaptación dun clásico da nosa literatura. 

Sabedes cal?... 

Platero e máis eu de Juan Ramón Jimenez.

Na nosa literatura temos obras maestras que debedes coñecer e segundo medredes é bo que as leales. Sempre se aprenden cousas novas e progresamos como persoas.


 



xoves, 14 de marzo de 2019

Vídeo novo!

Recordades o 8 de marzo?

Que celebramos?

Pois seguro que gozaremos do vídeo. Un traballo maravilloso.


PRINCESA 2.0. E se non nos gustan as perdices?



O conto deste martes como vístedes non ía precisamente de princesas. Porque polo que vemos non todas as mulleres aspiran a selo. Eu que son un pingüín moi listo tampouco quero, a min gustaríame ser viaxeiro do tempo. Poder ir aos tempos de antes como o exipto de Cleopatra ou ao futuro para ver que acontecerá.

Este libro foi escrito por Irene Soler Ramos. Actriz e dramaturga.

A súa ilustradora é María Murnau. Feminista e educadora da igualdade.

Sei que gustou moito e espero que o merquedes na vosa librería máis próxima. Seguro que no voso fogar tamén triunfa.

luns, 11 de marzo de 2019

Espero a vosa visita!

Pingüíns!!! que tal estades?

Xa sei que esta tempada andades moi atarefadas e atarefados. Entre o entroido, o día da muller, a saída a Trasmonte do mércores, a semana da prensa...

Non sei como facedes, eu xa ando coa cachola tola con so pensalo. 

Recordades a saída do venres?


Podedes visitar a páxina de Fani Triana, unha ilusionista maravillosa, espectacular!

Foi un día maravilloso. Quero agradecerlle as nenas e nenos de 6º do CEIPP Sigüeiro a súa labor, fixérono xenial! Ademais foren uns titores lectores expertos e moi amables. Quedamos con ganas de volver!

Recordade que hoxe martes temos biblioteca. Imos seguir profundizando no tema da vida das mulleres. Pensando en todas as que nos rodean e o que soñan ser. 

O conto que escollimos é moi especial. Está basado nunha obra de teatro, atentas e atentos:


Clica na imaxe!

martes, 5 de marzo de 2019

Ola pingüíns!


Se sabedes de algunha persona interesada en coñecer o noso CRA e con ganas de descubrir cousas novas. Amosádelle o noso vídeo! Seguro que lles encantará.