Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

luns, 25 de novembro de 2024

Queredes coñecer a familia porcón?

 Ola amigas e amigos!

Este martes imos falar sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. E para eso daremos a coñecer un conto clásico que aínda que ten moitos anos está de actualidade.


Seguro que xa tedes traballado esta temática na escola e é que un paxariño moi cotilla me avisou do fantástico vídeo que creástedes sobre este día. 





xoves, 21 de novembro de 2024

mércores, 20 de novembro de 2024

Un martes máis de colección

 Ola colegas!

Este martes profundizamos no mundo dos dereitos dos nenos e as nenas pero tamén vimos a vida dende un punto de vista máis reflexivo.

Afrontámos o mundo mirando con outros ollos e cunha filosofía distinta. Seguro que vos preguntaredes por recomendacións lectoras sobre esta temática. Aquí vos deixo algúns exemplos:







Recomendo visitar a páxina https://www.wonderponderonline.com/inicio alí atoparedes mil e unha ideas interesantes. Nunca deixedes de reflexionar e crear novos retos de coñecemento.

Deixo un conto sobre o autocoñecemento. Gustaravos?










luns, 18 de novembro de 2024

Martes moi especial

 Este martes temos un día fenomenal.

Pola maña teremos unha saída escolar na que imos visitar dous lugares fantásticos:

- Un obradoiro de “Consumo responsable no Supermercado" na Escola Galega do Consumo. Van a ensinarnos como debemos mercar e como colaborar coas nosas familias de maneira aceitada.


- Visita ao Gaiás (Cidade da cultura) para ver a exposición “Unha vida vikinga”. 


Estamos desexando conhecer novos horizontes e formas de vivir a vida.





E pola tarde non esquezades que temos sesión de animación a lectura para todas e todos.


Imos recordar os dereitos da infancia xa que o próximo 20 de novembro conmemórase esta data tan especial. Pero farémolo desde un punto de vista filosófico. Non o perdades.






mércores, 13 de novembro de 2024

VERBACRA

 Queridas familias e cooperadores da Pingüibiblio!

Este ano imos a facer un proxecto novo chamado VERBACRA. Tedes toda a información no seguinte enlace. Clicade para saber máis. Contamos coa vosa colaboración!. Medramos contigo.




Un rei sen amigos de Emma Yarlett

 


Que martes máis intenso!

Neste día coñecemos un conto maravilloso chamado "Un rey sin amigos" escrito por Emma Yarlett. Esta escritora británica leva escritos motísimos libros maravillosos e moi divertidos como...








A que MOLAN!!!

Queredes ver un pouco do que coñecimos na pingüibiblio?





luns, 11 de novembro de 2024

Que é un rei sen amigos e amigas?

 Ola sónicos e sónicas:

Este martes imos a coñecer que é un rei sen amigos e amigas. Pareceravos imposible pero hai persoas que non teñen amizades e igual pasa no mundo dos animais. Queredes saber os motivos? Pois poden ser moitísimos pero para coñecer máis en profundidade esta cuestión so tedes que vir a Pingüibiblio. Alí coñecermos o que pasa e como podemos chegar a resolver esta cuestión. 

Tedes que pensar que no mundo precisamos apoiarnos e saber convivir, formado lazos e amizades. Aquí vos deixo un conto sobre unha catástrofe que pasou foi pouco tempo e como podemos axudar ás amizades dese lugar. O conto chámase: Valentina y la Dana feito por @lapizarrapedagógica: 


 

venres, 8 de novembro de 2024

mércores, 6 de novembro de 2024

Vai martes de aprendizaxe!

 Ola colegas!

Seguro que non sabíades que o íamos gozar tanto neste martes pola tarde. Vimos a importancia da investigación dos elementos que se relacionan coa estación na que nos atopamos: O OUTONO

Pero imos repasar as estacións do ano...


O conto que vimos foi:


A autora e ilustradora é Concha Pasamar  unha gran creadora de contido literario, podedes ver obras como as seguintes:



Agora imos conhecer un pouquiño desta gran artista:






martes, 5 de novembro de 2024

luns, 4 de novembro de 2024

Chega o mes da ciencia!

 Ola pingüiamigues!

Como xa sabedes está petando a nosa porta o mes da ciencia e como non na Pingüibiblio imos a experimentar e descubrir novos segredos relacionados coa física, a química... Utilizando as nosas dotes detectivescas. Recordades a importancia de seguir uns pasos para averiguar o que acontece e como poner a proba as nosas hipótesis? Vede o vídeo para recordarlo!



Este martes imos a experimentar con elementos do outono. Que pasará? Como se desenvolverá? Atentas e atentos a este novo campo de investigación!

Para recordar e ir abrindo boca imos rememorar o que fixemos o día pasado:









domingo, 3 de novembro de 2024