Este martes imos falar sobre o Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. E para eso daremos a coñecer un conto clásico que aínda que ten moitos anos está de actualidade.
Seguro que xa tedes traballado esta temática na escola e é que un paxariño moi cotilla me avisou do fantástico vídeo que creástedes sobre este día.
Este martes profundizamos no mundo dos dereitos dos nenos e as nenas pero tamén vimos a vida dende un punto de vista máis reflexivo.
Afrontámos o mundo mirando con outros ollos e cunha filosofía distinta. Seguro que vos preguntaredes por recomendacións lectoras sobre esta temática. Aquí vos deixo algúns exemplos:
Recomendo visitar a páxina https://www.wonderponderonline.com/inicio alí atoparedes mil e unha ideas interesantes. Nunca deixedes de reflexionar e crear novos retos de coñecemento.
Deixo un conto sobre o autocoñecemento. Gustaravos?
Pola maña teremos unha saída escolar na que imos visitar dous lugares fantásticos:
- Un obradoiro de “Consumo responsable no Supermercado" na Escola Galega do Consumo. Van a ensinarnos como debemos mercar e como colaborar coas nosas familias de maneira aceitada.
- Visita ao Gaiás (Cidade da cultura) para ver a exposición “Unha vida vikinga”.
Estamos desexando conhecer novos horizontes e formas de vivir a vida.
E pola tarde non esquezades que temos sesión de animación a lectura para todas e todos.
Imos recordar os dereitos da infancia xa que o próximo 20 de novembro conmemórase esta data tan especial. Pero farémolo desde un punto de vista filosófico. Non o perdades.
Este ano imos a facer un proxecto novo chamado VERBACRA. Tedes toda a información no seguinte enlace. Clicade para saber máis. Contamos coa vosa colaboración!. Medramos contigo.
Neste día coñecemos un conto maravilloso chamado "Un rey sin amigos" escrito por Emma Yarlett. Esta escritora británica leva escritos motísimos libros maravillosos e moi divertidos como...
A que MOLAN!!!
Queredes ver un pouco do que coñecimos na pingüibiblio?
Este martes imos a coñecer que é un rei sen amigos e amigas. Pareceravos imposible pero hai persoas que non teñen amizades e igual pasa no mundo dos animais. Queredes saber os motivos? Pois poden ser moitísimos pero para coñecer máis en profundidade esta cuestión so tedes que vir a Pingüibiblio. Alí coñecermos o que pasa e como podemos chegar a resolver esta cuestión.
Tedes que pensar que no mundo precisamos apoiarnos e saber convivir, formado lazos e amizades. Aquí vos deixo un conto sobre unha catástrofe que pasou foi pouco tempo e como podemos axudar ás amizades dese lugar. O conto chámase: Valentina y la Dana feito por @lapizarrapedagógica:
Seguro que non sabíades que o íamos gozar tanto neste martes pola tarde. Vimos a importancia da investigación dos elementos que se relacionan coa estación na que nos atopamos: O OUTONO.
Pero imos repasar as estacións do ano...
O conto que vimos foi:
A autora e ilustradora é Concha Pasamar unha gran creadora de contido literario, podedes ver obras como as seguintes:
Agora imos conhecer un pouquiño desta gran artista:
Como xa sabedes está petando a nosa porta o mes da ciencia e como non na Pingüibiblio imos a experimentar e descubrir novos segredos relacionados coa física, a química... Utilizando as nosas dotes detectivescas. Recordades a importancia de seguir uns pasos para averiguar o que acontece e como poner a proba as nosas hipótesis? Vede o vídeo para recordarlo!
Este martes imos a experimentar con elementos do outono. Que pasará? Como se desenvolverá? Atentas e atentos a este novo campo de investigación!
Para recordar e ir abrindo boca imos rememorar o que fixemos o día pasado:
Que tal o martes? Gustouvos a sesión de medo? Seguro que si. Algunha e algún de vós fallástedes a cita pero non vos preocupar porque aínda quedan moitas quedadas ao longo deste ano escolar.
Vouvos mostrar os diferentes contos que coñecimos:
A PANTASMA COLORIDA
Este libro foi escrito por Gema García unha galega de Cesuras que fixo realidade o seu soño de escribir relatos dándonos esta obra tan maravillosa. O relato foi colaborado por Rocío Pedreira a cal tamén nace en Cesuras e adicta a súa vida a literatura infantil.
UN CUARTO CHEO DE MONSTROS
Neste caso o libro foi realizado por María Canosa, ela é unha escritora moi recoñecida e ademais con infinidade de obras presentes nas nosas bilbiotecas es librerías. Axudoulle a darle un toque creativo Dani Padrón se clicades no nome podedes ver diferentes obras feitas por el. Algunha seguro que vos soa: ba!, a veces mamá ten tronos na cabeza, Pan de millo de Migadlas...
¿DÓNDE ESTÁS MONSTRUO PINO?
Neste libro temos que facer unha pequena investigación visual grazas a Sergio Olivotti un escritor e ilustrador italiano radicado o mundo da literatura infantil e que imparte clases en escolas segundarias.
Como vedes foi unha gran tarde!
Déixovos con unha canción maravillosa de Sergio Olivotti:
Este martes ímonos mergullar no tempo do Samaín. Veremos contos de medo e faremos algunha actividade interesante. Non esquezades acudir! Se queredes xogar online so clicade no pigüicabaza!
Aqui tedes un pequeno avance dos libros que imos a coñecer...
🌿📚 24 de outubro: Celebramos o Día das Bibliotecas! 🌟✨
🔖 Baixo o slogan "Por un futuro sostible", a nosa biblioteca escolar transfórmase nun lugar cheo de aventuras, coñecementos e soños... e ti podes ser parte desta historia! 🎉
🚀 Queres viaxar a mundos máxicos, coñecer heroes valentes e aprender como coidar o planeta? 🌍🌿 Na biblioteca atoparás TODO o que necesitas: dende os libros máis fascinantes ata os recunchos onde a creatividade non ten límites. 💡
🌈 A Pingüíbiblioteca espérache cos brazos abertos:
📚 Historias incribles que che levarán lonxe
🎨 Obradoiros onde as túas ideas convértense en arte
🌟 Momentos inesquecibles con amigos e amigas que comparten a túa paixón
🌻 Este 24 de outubro, ven e descobre como os libros nos ensinan a construír un futuro mellor para todos! 💚
A que non contabades con este final na historia? Xa sabedes que as pintas enganan moito. Nunca xuzges calquer ser simplemente polo seu aspecto ou a sua fama. Ollo piolhos e piollas!
Este libro foi escrito por Michelle Knudsen e ilustrado por Kevin Hawkes.
Michelle Knudsen é unha autora estadounidense que publica moitísimos libros para nenas e nenos.
Se clicas na foto irás ao seu instagram
Por outro lado Kevin Hawkes ilustrou este conto e moitos máis como por exemplo...
Que tal este martes na biblioteca? Supoño que xenial.
Como ben sabedes coñecimos a un froito de outono moi especial: a abelá. Ademais duoha serie de animais que foron pasando de maneira encadeada un detrás doutro ata chegar ao final do conto.
Este conto foi escrito e ilustrado por Eric Battut. Estudou para ser abogado e economista pero sorprendente ao ver que esas non eran as profesións que lle gustaban e decidiu adicarse a literatura. Encántalle escribir e ilustrar. Algún dos seus contos son..
Hoxe é o día das escritoras e dende o CRA de Oroso queremos felicitalas e darlles as grazas por toda a riqueza que aportan a sociedade. Sodes o noso faro.
Veremos a obra: El Gran Traje; feito por teatro La Sal. "Un traxe case tan ancho como unha casa e con petos case tan grandes como habitacions". Un espectaculo galardonado e que nos chega dende Andalucia.
Que tal vai o outono? Xa vin que choveu, ventou, enfriou, volveu facer calor... Anda tolo este outono. Pola miña banda, eu estou feliz porque encántame que o tempo ande un pouco chalado, divirto máis.
Este martes na Pingüibiblio imos a explorar este tempo tan especial que ven cargado de festas como o magosto, o samaín...
Neste día imos coñecer a unha serie de animais nos que cada un ten a súa casiña pero todos queren abrir unha nova. Esta casiña é pequeñina e especial. A ver se adiviñades o título do conto:
Ave e non voa
lá e non é de ovella
se o adivinas
recoleta para a cesta.
Que é?
Se é moi difícil de acertar so tes que pulsar no debuxo para saber que ingrediente da receita pode ser...
Quen non ía dicir que un polbo non quería ser el mesmo? A vida é así non sempre queremos ser o que somos e desejamos cambiar. Se estades na mesma situación non pasa nada e senón votádelle unha ollada o conto:
Este conto foi escrito e ilustrado por Francesca Chessa unha artista nada en Italia nun pequeno pobo preto de Turín. Aínda que ela estudou arquitectura deuse conta que prefería pintar e decideu cambiar de profesión. Gañou moitos premios e vive nunha casa moi especial chea de cores e libros. Encantalle ler, ver películas, andar en bici e nadar.
Escribeu e ilustrou moitos máis libros como por exemplo...