Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

venres, 31 de xaneiro de 2025

xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día da Paz

 🌍✍️ DÍA DA PAZ NO CRA DE OROSO 🕊️💙


Nas nosas catro escolas, convertemos a palabra nunha ponte cara á paz. 🏫✨ A través da poesía, o noso alumnado plasmou con ilusión e creatividade a súa visión sobre a importancia de convivir en harmonía e construír un mundo mellor dende o noso centro escolar. 📖💡


📌 Axudaravos a comprender, a expresar e a transformar a contorna. Cada verso foi un reflexo do gran traballo en equipo e do talento que cada nena e neno leva dentro. 🌟


💡 Suxestións para facer que a paz sexa unha realidade cada día no noso CRA:


Escoitar con atención e respecto aos demais.

Compartir e axudar sen esperar nada a cambio.

Resolver conflitos con palabras, non con enfados.

Celebrar as diferenzas que nos fan únicos e únicas.

Practicar a empatía e o compañeirismo.


📚✨ Porque nas nosas escolas sementamos letras e recollemos valores! Sigamos construíndo xuntos un mundo no que a paz sexa a linguaxe universal! 🌈🕊️






Día da ilustración

Grazas a @prado_rua por emprestarnos a súa fala para dar a coñecer a este artísta tan importante. Moitísmas grazas.





mércores, 29 de xaneiro de 2025

Día da Ilustración

Día da Ilustración celébrase  o 30 de xaneiro ao igual que o día da paz e a non violencia. Decidieron este día por que coincide coa data do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano homenaxéase un ilustrador galego. Esta edición de 2025 vai dedicada a Xosé Vizoso, que é o primeiro autor homenaxeado en vida.


Clica para ver o vídeo de @pradorua, seguro que vos gusta!








Paz para o mundo!

Pingüicolegas esta tarde estuvo chea de amizade e sentimentos!

A paz é armonía e equilibro, ausencia de violencia e resolución pacífica de conflictos. De todo isto falamos na Pingüibiblio. 

Pensade que se o mundo é un lugar máis calmo e pensamos máis na convivencia e no coidado das persoas todo o mundo será máis feliz.

Para profundizar neste tema coñecimos o conto de Jorge Bucay chamado: Sinte a Paz.

Clica na imaxe





Recordades tamén a canción de Unai Quirós?


O CRA de Oroso pola Paz e a Non Violencia!











luns, 27 de xaneiro de 2025

Martes de Paz


 Ola queridas amigas e amigos!!!

Esta semana conmemoraremos un día moi importante: O día da Paz e a Non Violencia. Como xa sabedes hai unha historia detrás desta data. Sabedes cal é?
 
Clica no Pingüi

Este martes coñecermos un conto espectacular escrito por Jorge Bucay chamado: Buscando a Paz.
Pero non so iso senón que escoitaremos unha canción moi especial chamada "Siente la paz" de Unai Quirós. Queredes escoitala? Pois adiante...







domingo, 26 de xaneiro de 2025

venres, 24 de xaneiro de 2025

mércores, 22 de xaneiro de 2025

Detective Friday

 ✨🕵️‍♂️ Atención, pequenos e pequenas detectives! 🕵️‍♀️✨


As nosas aulas enchéronse de misterio, emoción en lingua inglesa grazas a Camaleón Theatre. 🦎🎭


🎬 No escenario, trouxéronos unha historia apaixonante: o intrépido detective Friday necesita a vosa axuda para resolver un caso moi especial. 👀🔍 Onde estará escondido ese personaxe tan misterioso? 🤔 Coas pistas e a imaxinación dos nosos nenos e nenas, todo é posible!


🌟 Risas, aprendizaxe, maxia e traballo en equipo fixeron desta experiencia algo maravilloso. Unha maneira divertida e creativa de mergullarse no mundo da lingua inglesa e o seu dominio, xogando e aprendendo ao mesmo tempo.


💡 Creedes que Friday conseguiu resolver o caso? 🕵️ Seguro que os nosos pequenos axentes secretos teñen a resposta!




As manoplas de Carpuchiña

 Nesta tarde tan especial degustamos un conto maravilloso chamado: As manoplas de Carapuchiña. 

Clica na imaxe

Este conto popular foi obxecto de incontables versións. Un abano amplo de interpretacións que non se reduce á aleccionadora de Charles Perrault ou á edulcorada dos Irmáns Grimm. Así, figuras de prestixio da literatura infantil e xuvenil como Roald Dahl ou Gianni Rodari revisitaron desde o humor e a ironía este clásico para vestir de amarelo a Carapuchiña ou dotala dun arma coa que conseguir un abrigo quentiño de pel de lobo. (OQO Editora)

A súa autora é: Inés Almagro Zamanillo. E o seu ilustrador Mikel Mardones. 

Queredes velo?









sábado, 18 de xaneiro de 2025

Nova quedada!

 Ola pingüicoleguillas!!!

Conto con vós o martes 21 para unha nova actividade na Pingüibiblio!!! Esta semana temos...


Con ganas de coñecelo? Pois agardote sen tardanza. 


 


mércores, 15 de xaneiro de 2025

Fedellando toda a tarde

 Ola coleguillas!!!

Xa vin que acudístedes a pingüibiblio. Queredes saber que conto coñecimos? Pois foi o seguinte: 


Este libro foi escrito e ilustrado por Ezra Jack Keats. Naceu en Estados Unidos e nos seus libros introducía todo tipo de persoas ademais de traballar co collage como técnica ilustradora. 

Queres velo? 









domingo, 12 de xaneiro de 2025

Ola pingüicolegas!!! Voltamos!!!

 




Este martes amigas e amigos imos a xogar con Pingüi e coñecer o mundo da robótica infantil no mundo invernal. Estades desexando comenzar?. Estamos agarsando por vós. Bikazos!!!

Animádevos a visitar o con: O boneco de neve.

Clica na imaxe