Ola meus pingüiadmirador@s!
Quen vai vir este martes a biblio?????
Conto con todas e todos.
Imos tratar un tema moi importante. É como se deben tratar as/os nosas/os compañeiros/as.
Moitas veces hai persoas que nos chaman cousas que non gustan. Pensade, seguro que recordades. A min por exemplo, sempre me apodaban pingüi - mangall@n e as veces pingüi - xigant@n, porque era máis grande que @s demais, e aínda que ría, non fondo non me facía ningunha graza.
Cando é moita xente a que se ri de ti e te trata mal, chámaselle acoso e iso non está ben.
O conto que imos a ter, fala dunha nena que ten este problema, pero é tan lista que atopa unha solución. Sabedes cal era a súa burla?
Que tiña orellas grandes!!! Como senón houbera animais na natureza con orellas así...
O final do vídeo, non sei se abrístedes ben os ollos, pero hai unha pista sobre o conto... Atent@s detectives!
Para rematar, e bailar un pouco, queda un vídeo que fala sobre o tema que imos tratar. Desfrutade a miña saúde, moitos pingüibikos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario