Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

luns, 20 de novembro de 2017

O principio do martes...

Ola coleguillas!!!

Xa chega outro martes de diversión e ledicia lectora.

Seguro que as vosas mestras, que son moi previsoras, informaron na escola de que o 20 de novembro é o día universal das nenas e nenos de todo o mundo. Nesta data recordamos os vosos deberes e dereitos, pero tamén reflexionamos sobre que na Terra hai cativ@s que teñen que renunciar a eles.

Por que?...

Pois por moitas causas: non hai persoas que lles axuden nen coiden, non posuen xoguetes nen sequera a veces comida e auga, non poden ir a escola xa que non existen ou están en malas condicións, pode haber guerras...

Na biblioteca imos falar sobre esta temática tan importante estades convidadas e convidados.

Aquí queda un pequeno vídeo para ir abrindo boca:



Moitos bikazos de Pingüi.

Antes de que se me olvide... Unha pista axexador@s!. Tamén faredes un xoguete moi chulo. Que será, será? 

Ningún comentario:

Publicar un comentario