Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

xoves, 15 de marzo de 2018

Día Internacional do Consumo Responsable

Ola amig@s!

Quero recordarvos quo día 15 de marzo... Espera... HOXE! Conmemórase o día no que as persoas temos que actuar de maneira formal e consciente con respecto o consumo.

Moitas veces seguro que lles pedides as vosas familias cousas que non precisades ou que simplemente vístedes na televisión ou a outra persoa. Non debedes gastar por capricho. Pensade se realmente o precisades ou non.

Pero ser consumidor/a implica tamén uns dereitos, temos dereito a...

- Consumir o necesario para vivir.

- Elixir a cousa que sea mellor.

- Saber que compramos e conseguilo.

- Que o que vendan sexa seguro e non manque.

- Que nós axuden a resolver problemas cando compramos algo.

- Xuntarnos e poder facer reclamacións.

- Educarnos no consumo sostible.

- Que nós traten con respeto.

- Ter un medio ambente limpo e saudable.

Para as familias mando tamén unha folliña de recomendacións, non olvidedes compartilas con eles/elas:

(clica na imaxe)

Ningún comentario:

Publicar un comentario