Ola pingüíns:
Que tal estades? Eu atópome fenomenal porque xa estou pensando a onde vou ir de viaxe nestas vacacións. O outro día unha gaivota chamada Federica faloume dun lugar: GULPIYURI que está en Asturias (moi pretiño).
Seica é un sitio onde hai unha praia, que pasa por debaixo dun muro de rochas e non se ve o mar. Algo diferente e maravilloso.
Federica está encantada de vivir alí. Pero antes percorreu o mundo porque tiña un vacío no seu interior que non a deixaba vivir. Sempre estaba triste e deprimida. Co tempo atopou a solución do seu mal.
Ahhh! Eso recordare o conto que ides ler este martes, a Julia, a nosa protagonista, pásalle algo parecido.
Como non quero que vós poñades tristes. Deixo un xogo de pascua para deletrear. Ánimo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario