Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

venres, 27 de abril de 2018

Día Internacional das persoas traballadoras

Ola chikis!

Outro día que non temos animación á lectura. Pero non vós poñades tristes que pronto volverei. O motivo é moi importante. 

Este martes día 1 de maio celébrase o Día Internacional das persoas traballadoras, mulleres e homes!

Por que?

Fai moito tempo a xente non tiña dereitos no traballo: estaban moitísimas horas, non podía ir ao centro de saúde, non posuían medidas de seguridade, non cobraban o soldo que lles prometían... Estaban moi mal. 

Como as persoas traballadoras estaban en desacordo, decidieron facer folga. Pero os/as empresarios/as non querían que a situación cambiara e houbo unha loita moi forte.

Ao final gañou a xente traballadora, grazas a forza e unión, hoxe en día as nosas familias teñen dereitos e deben pedilos senón é así. 

As persoas traballadoras teñen que estar protexidas, coidadas, con soldos dignos, horas establecidas tanto para o descanso, coma para facer a súa propia labor...

Aquí queda unha pequena curta para que apreciedes que o traballo tampouco o é todo:






xoves, 26 de abril de 2018

Unha saída fantástica

Ola pingüiamig@s!

Que ben o pasástedes na excursión!

Polo que me contaron había unha exposición moi interesante que falaba dás mulleres e  labor que fan no noso mundo. Cantas cousas crearon, inventaron, pescudaron.... e que pouco se lle recoñeceu.

Temos que tentar cambias iso e darlle ás mulleres o protagonismo que merecen nas nosas vidas. Queda moito traballo por facer!. Pero eu sei que sodes xente forte e emprenderora así que, ADIANTE VALENTES!.

Imos recordar o día: 


mércores, 18 de abril de 2018

Semana do libro

Ola pingüilector@s! 

O luns comezamos a semana do libro!!!

Que ganas tiña de que chegara esta data. Sempre hai actividades en bibliotecas, experiencias en librerías, exposicións, charlas, coloquios...

É un momento estupendo para saír e coñecer novidades editoriais, compartir lecturas en grupo, visitar  lugares novos onde poidamos gozar do noso libro...

Este martes xa sabedes que non temos a sesión da tarde pero por que ides de excursión o Salón do Libro de Pontevedra!!!

Que sorte larpáns!

Este ano o tema é: MULLERES DE CONTO. Fan unha homenaxe ás mulleres que están implicadas no mundo da literatura infantil, a que fan para vós. Clicade na imaxe e entrade na páxina web:



Tamén me contaron que ides ver un espectáculo chamado: "A ovella Engracia" con María Lado, Lucía Aldao e o Seminario Permanente de Jazz.

Para que escoitedes algo de Jazz:





Programa de Radio Nacional Clásica: El rincón de los niños. El jazz más animado. 
Minuto 22,14 cuento sobre Jazz.




O rei dos animais

Ola guap@s!

Espero que o martes vós gustara o conto. As mestras estaban entusiasmadas. Este león era un pouco mandón, pero a solución que buscaron non lle gustou a todo o mundo:


O seu autor e ilustrador é Miguel Tanco. Este español é un superheroe. Polos días traballaba nunha oficina e polas noites adicaba ó seu tempo á creación destas obras tan fabulosas. Tedes que visitar a súa páxina, veredes que montón de libros tan interesantes.



luns, 16 de abril de 2018

Martes de biblioteca

Ola rapazada!

Que tal estades?. Eu sigo facendo moito deporte e desexando que deixe de chover. Teño ganas de sol e flores, para ulir e admirar.

Estou feliz, porque seguides vindo á biblioteca e collendo libros para ler. Cada día facédelo mellor e logrades que rebose orgullo.

As bibliotecas son moi importantes e temos que coidalas, pero non so a nosa senón tamén as públicas, como por exemplo á do Concello de Oroso. Tedes que ir vela, é fantástica e ten moitísimas lecturas novas.

Este martes imos ver un conto sobre un rei moi especial. Xa veredes que lle gusta moito  decidir, pero a vida ensina que non sempre todo o mundo obedece. Mirade ó que pasa por ser tan mandóns.


mércores, 11 de abril de 2018

A saúde mola!

Ola veciñanza!

Este martes moito vimos e xogamos, verdade?

Houbo dous contos diferentes. Un deles foi: Eu son tan forte.

É un conto popular que adaptou Carme Hermida Guliás. Foi ilustrado por Andrés Meixide.  Seguro que algún libro ilustrado vós soa, clicade no nome.

O outro conto era: Se eu fose moi alto. Escrito por António Mota un escritor portugués moi coñecido por ser creador de moitos libros infantís. E ilustrouno André Letria.  Tamén de orixe portuguesa e ganador de varios premios como artista ilustrador.

Unha cousa! O xogo da saúde que fixemos este martes queda colgado na web. Podédelo descargar en cor.

Para que coidedes a vosa saúde e siguades comendo san (xa me chivaron que nalgunha escola estaba comendo moi san tódolos venres). Desfrutade destas cancións de María Fumaça publicados na editorial Xerais. Animádevos a telos traen CD e DVD!






luns, 9 de abril de 2018

Estou esperando...

Ola chukis!

A semana anterior xa vin que falástedes da saúde mental das persoas. Recordades o león e o rato?

Pois este martes imos falar da saúde física. Que debemos facer para sentirnos sans co que comemos, o exercicio que debemos facer, a nosa limpeza persoal...

A saúde e o seu cuidado é un tema moi importante na nosa escola. 

Para conservala ademáis temos que respectar o noso medio. Recordades as 3 R?

                                      RECICLAR       REDUCIR         REUTILIZAR
Clica na imaxe.

Xa vedes. Para recordar imos a xogar:

Clica na imaxe

mércores, 4 de abril de 2018

Un león con un amigo moi especial.

Ola precios@s!!!

Que tal este martes? Fenomenal verdade?

Quen ía dicir que dentro de cada unha e un de nós pode haber un león. Como un simple rato pode resultar tan sorprendente.

O libro que lemos foi: Un león dentro. A súa escritora ilustradora é Rachel Bright  británica de nacemento creou moitos contos para nenas e nenos. Todos eles moi entretidos. Colaborou na ilustración  Jim Field. 

Para que o recordedes e o bailedes aquí deixo un rap moi especial:


luns, 2 de abril de 2018

Volta das vacacións

Que tal?

Espero que nestas datas xogarades moito. Eu fun de viaxe moi lonxe. Coñecín moitas persoas e animais diferentes. Xa sabedes que o mellor para aprender é falar e compartir. Quero que rememoredes que este martes volvemos ter actividades de animación na biblioteca escolar. Tedes que asistir!

Recordo tamén que o 7 de abril é o Día mundial da saúde.

Alguén chivoume que sodes unhas nenas e nenos moi sans. Coidades a voa hixiene, procurades comer de todos os alimentos e non abusades das chuches, lavades os dentes todos os días varias veces...

Coidado que tamén sei que algunha e algún se despista. As veces non limpa as mans ou os dentes. Tamén lle gusta abusar de galletas, bolos e non trae ao recreo alimentos como froita. Ollo colegas! Teño espias en todas partes.

O conto deste martes vai sobre dous amigos moi especiais que se coidan mutuamente. A saúde tamén consiste en estar ben con nós mesmos e coas demais persoas.

Deixo uns xogos. Espero que gusten!