Que tal?
Espero que nestas datas xogarades moito. Eu fun de viaxe moi lonxe. Coñecín moitas persoas e animais diferentes. Xa sabedes que o mellor para aprender é falar e compartir. Quero que rememoredes que este martes volvemos ter actividades de animación na biblioteca escolar. Tedes que asistir!
Recordo tamén que o 7 de abril é o Día mundial da saúde.
Alguén chivoume que sodes unhas nenas e nenos moi sans. Coidades a voa hixiene, procurades comer de todos os alimentos e non abusades das chuches, lavades os dentes todos os días varias veces...
Coidado que tamén sei que algunha e algún se despista. As veces non limpa as mans ou os dentes. Tamén lle gusta abusar de galletas, bolos e non trae ao recreo alimentos como froita. Ollo colegas! Teño espias en todas partes.
O conto deste martes vai sobre dous amigos moi especiais que se coidan mutuamente. A saúde tamén consiste en estar ben con nós mesmos e coas demais persoas.
Deixo uns xogos. Espero que gusten!
Ningún comentario:
Publicar un comentario