Ola pingüilector@s!
Xa está aquí... o día nó que todas as persoas europeas celebramos a nosa unión.
O 9 de maio conmemoramos a xuntanza desta comunidade, composta por diferentes países: España, Alemania, Austria, Bélgica, Rumania, Italia, Grecia, Finlandia Portugal...
Temos varias cousas en común, ademáis desta data.
Un himno basado na Oda a Ledicia unha obra de Friedrich von Schille e adaptada musicalmente por Ludwig van Beethoven.
Queredes escoitalo?
Unha bandeira formada por 12 estrelas douradas en círculo sobre un fondo azul:
Unha moeda que se chama Euro (non todos os países a desfrutan):
E un lema que é: Unida na diversidade.
Xa vedes que é un tema moi importante. Outra cousa, no 2018 declarouse Ano Europeo do Patrimonio Cultural.
Aquí en Galicia seguimos traballando para que a nosa cultura sexa conservada e perdure no tempo. Mirade esta nova e se queredes so tedes que asistir, seguro que ó pasaredes xenial!. DATA ENTRE O 8 E 10 DE XUÑO NO GAIAS.
Por certo, non esquezades vir á pingüibiblio. Conto con vós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario