Facebook

Recomendacións da páxina do CRA

xoves, 28 de xuño de 2018

ÚLTIMA NOVA!!!

TEMOS GAÑADORAS NO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS FEITO POLO CONCELLO DE OROSO!!!

FELICIDADES A LEYLA E ADELA!!! 

SODES UNHAS GRANDES ARTISTAS!!!

martes, 19 de xuño de 2018

XA REMATA O CURSO! BOAS VACACIÓNS!

Ola amores!

O curso xa remata e como non quero despedirme de vós ata setembro. Os nenos e nenas que marchen espero que sexan moi felices e que todo lles vaia xenial. Tede moito ánimo e gozade o verán.

As persoiñas que quededes nas nosas escolas xa sabedes que o 12 de setembro volvemos. Conto con vós. Medramos o voso lado.

Ahhh! que se me olvidaban as cativas e cativos novos. Vinde coas pilas cargadas e con ánimo. Esta etapa que comezades vai ser maravillosa. Deixade os choros na casa.

Agora a bailar e tolear!!!


CD - DVD Estamos no Verán!!! da editorial Galaxia. É feito por Charo Pita e Xoan Curiel.

luns, 18 de xuño de 2018

Festa de Fin de Curso

Ola chulis!!!

Xa chega a festa de fin de curso. Este ano coma sempre quedamos en Vilarromarís na Sede. Vinde dispostas e dispostos a passado ben. 

Imos xogar, rir, saltar, berrar... E como non merendar.

Despois chegará unha actuación espectacular: PESDELÁN. Recordade que as familias tamén están invitadas papá, mamá, avoas, avós, tías, tíos, curmáns, madriñas, padriños, amigas e amigos... Imos bailar moito así que preparade calzado cómodo.


Novo traballo musical: ENTROIDANZAS. PESDELÁN.
Podedes mercalo en www.pesdelan.com

mércores, 13 de xuño de 2018

Excursión de Fin de Curso

Ola!!!

Xa sei que ides a praia. Que sorte lamboniñas e lamboniños!!!

Pero primeiro dixéronme que ides ver o acuario do Grove. Podedes visitar a sua páxina para coñecer o que ides atopar:


Clicade na imaxe.

Máis tarde xa sei que tedes un viaxe en barco, para descubrir o fondo do mar. Que todo o mundo faga caso as manitoras e monitores ademáis das mestras e mestres. Na praia igual, eh? Hai que respetar as normas de xogo e convivencia. Deixo un pequeno vídeo para que comedes nota.


venres, 8 de xuño de 2018

Ola colegas!

Que tal estades? 

Pensástedes que xa marchara e vacacións?

Non tranquis! Aquí estou traballando sen descanso. Xa vin que seguístedes saindo e excursión, que sorte tedes!

Por aquí chegaron rumores de que había un ovos moi especiais nunca escola do CRA chamada Trasmonte e que todas e todos en romería fústedes a velos.

Pero non so iso... Mirade, mirade...