O curso xa remata e como non quero despedirme de vós ata setembro. Os nenos e nenas que marchen espero que sexan moi felices e que todo lles vaia xenial. Tede moito ánimo e gozade o verán.
As persoiñas que quededes nas nosas escolas xa sabedes que o 12 de setembro volvemos. Conto con vós. Medramos o voso lado.
Ahhh! que se me olvidaban as cativas e cativos novos. Vinde coas pilas cargadas e con ánimo. Esta etapa que comezades vai ser maravillosa. Deixade os choros na casa.
Agora a bailar e tolear!!!
CD - DVD Estamos no Verán!!! da editorial Galaxia. É feito por Charo Pita e Xoan Curiel.
Xa chega a festa de fin de curso. Este ano coma sempre quedamos en Vilarromarís na Sede. Vinde dispostas e dispostos a passado ben.
Imos xogar, rir, saltar, berrar... E como non merendar.
Despois chegará unha actuación espectacular: PESDELÁN. Recordade que as familias tamén están invitadas papá, mamá, avoas, avós, tías, tíos, curmáns, madriñas, padriños, amigas e amigos... Imos bailar moito así que preparade calzado cómodo.
Novo traballo musical: ENTROIDANZAS. PESDELÁN. Podedes mercalo en www.pesdelan.com
Xa sei que ides a praia. Que sorte lamboniñas e lamboniños!!!
Pero primeiro dixéronme que ides ver o acuario do Grove. Podedes visitar a sua páxina para coñecer o que ides atopar:
Clicade na imaxe.
Máis tarde xa sei que tedes un viaxe en barco, para descubrir o fondo do mar. Que todo o mundo faga caso as manitoras e monitores ademáis das mestras e mestres. Na praia igual, eh? Hai que respetar as normas de xogo e convivencia. Deixo un pequeno vídeo para que comedes nota.