Amosando publicacións coa etiqueta EMILY - MACKENZIE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EMILY - MACKENZIE. Amosar todas as publicacións

mércores, 15 de novembro de 2023

Búscase! Lili a lebre, ladroa de libros de Emily MacKenzi

 Que tal este martes?

Xa vin por un buraquiño que complacéstedes a vos curiosidade sabendo o que son as librerías e o que poderes topar dentro delas. 

Que lebre tan lista e como supo facelo para salirse coa súa. Este conto foi escrito por Emily MacKenzi que tanto escribe como ilustra libros.

De Lili tedes unha pequena colección completa de libros en inglés, pero ollo neste caso chámase Ralfy:




Se algunha ou algún non puido ir a pingüibiblio non desesperedes, aquí de ido un pequeno enlace, poderedes ver o conto signado: 







luns, 13 de novembro de 2023

11 de novembro día das librerías

 Ola pingüíns!

Non sei porque pero andan decindo por ahí que sodes as máis listas e listos da contorna. E eu xa sei a razón de porque din isto. Pero vós sabédelo? Non?

Pois porque sodes as nenas e nenos que máis ledes e visitades moitas veces as librerías do concello e da zona. Canto máis ides a elas e mercades libros, máis cultura posuides.

Este martes imos celebralo con unha amiga moi especial. Ten as mans longas e chámase Lili. Tende coidado con ela está en busca e e captura.





martes, 10 de outubro de 2017

Lili e a súa historia.

Ola bonitiñ@s!

Polo meu ollo máxico, xa vin que cada día somos máis na biblioteca. Este martes como ven vístedes atopamos a ladroa.

Chamábase Lili e encantáballe a literatura, como a nós. 

O conto do que desfrutamos foi: 



Foi escrito e ilustrado por Emily - MacKenzie. Esta escritora inglesa dende nena medrou preto da natureza e nela deixaba voar a sua imaxinación. (premede sobre a portada e o nome da escritora para ter máis información).

O rematar a lectura desfrutamos conversando sobre o acontecido e fixemos o noso propio títere, para recrear o conto na casa.


Animádevos a vir! Que o pasamos xenial!