Amosando publicacións coa etiqueta ISAAC DÍAZ PARDO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ISAAC DÍAZ PARDO. Amosar todas as publicacións

mércores, 2 de abril de 2025

A xogar!!!

 Neste martes tan espectacular fixemos un bo lote de xogos e coñecimos dous contos maravillosos. 

O primeiro deles foi: DEDÍN, DEDÍN DE PEQUENEQUÍN da editora Edicións do Castro coa que colaborou Isaac Díaz Pardo. Este libro foi feito a partir dun proxecto de animación a lectura impartido por Federico Martín Nebras. Nel recollen unha serie de cantigas, ditos, adiviñas... do folclore popular tanto en galego como en castelão.

O segundo é: Rimas da editora Everest. Son textos populares ilustrados por Piton (José Luis Rivera Campo). Aparecen recitados e rimas populares.

E despois adicámonos a xogar e pasalo moi ben!



luns, 31 de marzo de 2025

Quedamos o 1 de Abril día das Artes

 Ola pingüiamigos e pingüiamigas!

Seguro que algunha ou algún xa sabe que o día 1 de Abril conmemoramos: O día das Artes. E ese día recordamos a unha persoa moi importante: Isaac Díaz Pardo.

Isaac foi unha persoa moi polifacética e é que adicaba o seun tempo a facer moitísimas cousas diferentes: escriba, pintaba, creaba piezas cerámicas... Pero sobretodo loitaba pola súa terra: Galicia.



Este martes tamén imos coñecer un arte moi importante: o arte lúdico. Os xogos populares galegos. Con dous libros min interesantes que recollen diferentes cantigas, rimas, cancións... E por suposto, tamén imos a experimentar con diversos xogos.

Para ir abrindo dente... podedes xogar algo na Pantalla Dixital Interactiva: