Amosando publicacións coa etiqueta UXIA A LAMBONA E A BANDA MOLONA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta UXIA A LAMBONA E A BANDA MOLONA. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de maio de 2025

Festa de Despedida na Pingüibiblio! 

Ola, familias do CRA de Oroso! Chega o momento de pechar un curso cheo de aprendizaxes, lecturas e emocións compartidas. E que mellor maneira de facelo que cunha festa moi especial na nosa querida Pingüibiblio que por razóns climáticas agora estamos, grazas ao Concello e a Bilbioteca pública municipal de Oroso nas súas instalacións, acompañados polo noso inseparable amigo, Pingüi! 

Preparamos unha máxica sesión para despedir as actividades da biblioteca deste curso. Será unha tarde chea de historias, sorrisos e moita ilusión! Non faltedes! Traede as vosas ganas de pasalo ben e de compartir este momento tan especial coa nosa comunidade educativa. Porque cada final é tamén un novo comezo, e xuntos e xuntas seguimos medrando!



xoves, 31 de outubro de 2019

Xa chegou novembro...

Ola colegas!

Xa chegou o mes de novembro e foi un frío tremendo. Chove moito.

Seguro que moitas e moitos estades a procura de noces, castañas, cogumelos... Estamos no tempo.

Aínda que faga este tempo conto con todas e todos na biblioteca este martes. Veña que hai que escorrentar esa moulería e comezar a moverse.

Para ir abrindo dente, podedes bailar esta canción:


mércores, 16 de maio de 2018

A festa no faiado!

Quen pensaba que unha festa no faiado ía ser tan xenial?

A ilustradora do conto que lemos é Irene Fra. Ten feito moitas obras para diversas publicación.

Unha recomendación! Estos días estade atent@s a Televisión de Galicia porque van a emitir duas pequenas curtas de animación, adicadas a semana das Letras Galegas. Aquí vai un adianto:


Chegou a pouco non?. Que ninguén se preocupe, vai unha canción adicada a tod@s vós, pero sobre todo a unha nena de Deixebre, que ten unha camiseta moi chula de Uxía a Molona e a Banda Lambona, espero que a bailedes: