xoves, 27 de febreiro de 2025
mércores, 26 de febreiro de 2025
martes, 25 de febreiro de 2025
luns, 24 de febreiro de 2025
domingo, 23 de febreiro de 2025
venres, 21 de febreiro de 2025
mércores, 19 de febreiro de 2025
Rosalía do noso corazón
Que boa tarde e que preciosidade de cancións!!!
Rosalía tamén canta!
Agora xa sabes que os versos de Rosalía poden soar como unha melodia máxima. As súas palabras checas de sentimento e ritmo inspiran cancións que fan voar a imaxinación.
Poesía e música danse a man para contar historias, pintar paisaxes e espertar emocións. A maxia de Rosalía segue viva en cada nota!
luns, 17 de febreiro de 2025
Rosa, rosa, Rosalia
Ola pingüilectores e pingüilectoras!
Recordades a nosa visita a casa de Rosalía?. Abride os ollos...
venres, 14 de febreiro de 2025
xoves, 13 de febreiro de 2025
Tarde de coñecemento e exploración sobre o valor das mulleres na ciencia.
Non o credes pero pásamelo xenial!
Coñecer a Ella Al-Shamahi foi fantástico. Vimos que as mulleres son capaces de avanzar no campo científico e como a súa labor nos axuda a prosperar.
Tamén elaboramos experiencias divertidas para a ver como as nenas e nenos podemos facer ciencia con cousas cotiás e que o resultado que optemos pode ser impresionante.
Queredes ver un pouquiño da nosa labor?
martes, 11 de febreiro de 2025
domingo, 9 de febreiro de 2025
Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.
Ola pingüinventor@s!
O día 11 de febreiro conmemoramos o papel clave que desenvolven as mulleres na comunidade científica e na tecnoloxía.
Moitas veces o papel feito polas mulleres é esquecido ou atribuido a outras persoas habitualmente de xénero masculino. E para resaltar a importancia de ser unha sociedade inclusiva imos a ver varias persoas importantes neste campo.
Unha delas é paleontóloga e chámase: Ella Al-Shamahi. Queredes saber máis sobre ela? So tedes que acudir a biblioteca. Ides descubrir moitas sorpresas e faremos algunha experiencia interesante.
mércores, 5 de febreiro de 2025
Pizza para todas e todos!
O día mundial da pizza é o 9 de febreiro e como non no CRA de Oroso festexamos esta celebración tan saborosa.
A pizza é un alimento que pode ser sanísimo e delicioso para todo o mundo. Xa se me fai o pico auga pensando en todos os ingredientes que lle podo poñer: atún, salmón, tomate, queixo, grelos, repollo, cenoira, bacalao... Que rica!!!
domingo, 2 de febreiro de 2025
Martes de papeo
Ola pingüisocias e pingüisocios:
Sabedes que día é o martes? Seguro que non!!! Eu son un animal superliste e como non xa sei que festa temos.
Pista... escoitade a canción...