Amosando publicacións coa etiqueta MARIE-ODILE FORDACQ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MARIE-ODILE FORDACQ. Amosar todas as publicacións

mércores, 3 de decembro de 2025

Vaia xogada tan dadesca!

Unha tarde chea de dados, xogos e sorpresas no CRA de Oroso!


Na biblioteca tivemos unha tarde espectacular! Xogamos con moitos tipos de dados: pequenos, grandes, de cores, con números, con letras, con animais, con froitas… ata dados que non eran cadrados! Descubrimos que os dados serven para contar, sumar, crear palabras, inventar historias e mesmo para expresar como nos sentimos.

Tamén xogamos e vimos moitos xogos divertidos:

Culito de pollito
A Súper Granxa
Math Attack 
Dominós
A oca
E moitos máis!

Ademais, estivemos lendo e xogando cos libros da Editorial San Pablo:


Minixogos para compartir, escrito por Marie-Odile Fordacq e ilustrado por Marion Puech, que encheron as páxinas de cores e xogos.


Ler e xogar polo mundo, un libro cheo de ideas divertidas para seguir explorando.


Foi unha tarde para aprender xogando, rir e descubrir o máxico que pode ser un dado.


Grazas por participar! Vémonos na próxima aventura da biblioteca!

Agora a xogar! Nunha carreira de Nadal.

https://view.genially.com/692c86e9f0c2a9f4e0171e28/interactive-content-carreira-de-nadal


luns, 1 de decembro de 2025

O día dos dados

Este martes pola tarde… na nosa biblioteca imos celebrar o Día dos Dados! 


Prepárate para unha sesión onde os xogos, o azar e as matemáticas se dan a man para facernos aprender mentres nos divertimos.

Coa axuda dos libros Ler e xogar polo mundo e Minixogos para compartir, mergullarémonos nun universo cheo de posibilidades:


- números
- cores
- formas
- sentimentos


…e moito máis!



Os dados axúdannos a pensar, a crear estratexias, a expresarnos e, sobre todo, a gozar xogando en equipo. Ademais, terás ao teu alcance un montón de xogos de mesa para compartir con compañeiros e compañeiras.

Vés descubrir como un pequeno dado pode abrir un mundo enteiro de aprendizaxes?
Non o perdas! A biblioteca estará chea de sorpresas, risas e retos para todas as idades.

Unha cousiña máis. Xa sei que chega o nadal seguro que quereres ir abrindo boca. Aquí vos deixo un enlace a una calendario diferente: https://view.genially.com/6916ee37bc6d5ea15936b8bb
Clicade para saber máis.