mércores, 31 de outubro de 2018

O concurso de Ethan Long

Ola medoamiguetes!!!

Que tal vai a festa de Samaín?. Xa me avisaron que o magosto quedou aprazado. O inverno acércase, xa chega. Pero tranquis, que seguro que pronto o festexades.

Este martes foi un día especial. Vimos un conto de gatos da editora Lata de Sal. Recordades que o ano pasado léramos un da mesma colección? Clicade, para refrescar esa memoria.


Pois este ano divertímonos co conto: O Concurso. Ilustrado e escrito por Ethan Long.
Este autor publicou unha morea de libros para nenas e nenos. Pero tamén colaborou cunha canle de televisión que seguro coñecedes: Disney Channel. Participou na serie: Tasty Time With Zefronk. Deixo un episodio para que a coñezades. Está en inglés pero seguro que a comprendedes perfectamente. Invítovos a elaborar a receita que aparece. So precisades unha tortas e pan de pita, pavo, tomate, leituga, zenoira e crema de queixo. Ánimo, xa veredes que boa está!!!


martes, 30 de outubro de 2018

Recordade!

Lembro que o día 2 de novembro non hai escola. Descansade e lede moito. Pingüibikos!!!

luns, 29 de outubro de 2018

Martes de acción!

Ola pingüisamaín!!!

Que tal estades?. Eu ando moi temeroso, xa que estos días é o Samaín. Teño medo de atopar no camiño unha cabaza con candeas e que teña tal susto que precise un cueiro para a miña caquiña.

Este tempo é onde imos visitar os defuntos e podemos facer algunha gamberrada polos camiños. Pero non so aquí suceden cousas. Agora xa sei que tedes un novo amigo na escola que se chama Dylan. Preguntádelle e indagade o que pasa no seu país. Chega a festa do Halloween.

Aposto algo a que xa coñecedes moitas cousas pero el pode mostrarvos moito máis. Curioseade, interrogade... Algo novo aprenderemos.

Este martes coma sempre espero a todo o mundo. As niñas portas está abertas. Temos un conto xenial. Aquí vai un adianto:



mércores, 24 de outubro de 2018

O galo traganoces

Ola pitiñ@s!

A que encantou o conto deste martes?

 Clica

Como vedes é un conto moi popular. Foi escrito por Roberto Mezquita un famoso contacontos e escritor. Xa tiñedes gozado de algún escrito feito por el. Clica na súa foto...

O ilustrador do conto é Bernardo Carvalho. É moi coñecido no mundo editorial infantil, mirade outros contos que ten como:

  

Seguro que coñecedes algún!!!

Despois desta lectura tan amena fixemos cunhas noces un becho que mete medo e que imos soltar no samaín. Adiviñades o que é?




  

luns, 22 de outubro de 2018

Xa estamos na semana da biblioteca!

Ola peques!

Senón o sabiades esta semana conmemoramos o día da biblioteca. É unha festa moi importante para min. Queredes saber o porqué? (clica na imaxe):


Este martes temos un gran día por diante. Imos ver un conto moi coñecido en Europa chamado popularmente: O pitido da abeleira. É maravilloso e seguro que aprendemos algunha lección.


mércores, 17 de outubro de 2018

Vaia banquete tan especial!!!

Este martes fumos de voda!!!

Vaia festa rachada!!!     

No conto decatámonos de que non todo é o que parece e que as apariencias poden enganarnos. O ser máis pequeno pode acadar o que desexa e ser feliz. 


Este libro foi escrito por Margarita del Mazo. É unha escritora ideal que vive no mundo dos contos. Visitade a sua páxina, merece a pena:


A ilustradora chámase Lisa Kaser.

Queredes desfrutar do conto? recordámolo? Pinchade na parella:



luns, 15 de outubro de 2018

Día mundial mundial da alimentación

Ola a tod@s!!!

Outro martes máis temos unha cita na biblio. E como non, vai ser un día xenial.

Como vedes no título imos celebrar o día mundial da alimentación. 

Xa sei que sodes moi intelixentes e sabedes que comer san e facer deporte é a menciña da saúde. 

Neste tempo contáronme que estades traballando en como é o corpo e as relacións que estableces có mundo no que vivimos. Unha das funcións principais é a de nutrición. Que comemos! Que bebemos!

Entereime que vós gustan moito as chuches, MOITO COIDADO! Se zampades con tolería podedes enfermar ou poñervos como unha pelota e comezar a rodar e rodar e nunca parar.

Outra cousa para rememorar e que no mundo hai moita xente que non ten suficiente comida ou auga para poder vivir. Non se pode desperdiciar nin unha cousa nen a outra. Temos que ser persoas que pensen no noso planeta e no seu coidado.

Aquí queda un xogo para traballar o tema:


mércores, 10 de outubro de 2018

O sorriso de Daniela

Ola meus amores!

Recordamos o conto deste martes?

Foi fantastico ver que pode dar un sorriso. Está claro que cando rimos e facémolo con amor o mundo é un lugar mellor. 
Seguro que se na casa escachades coa risa todo o mundo se pon de bo humor. 

Pero senón funciona, sempre podemos facer alcunha destas cousas. Seguro que rachan o bandullo coa risa:

- Contar un chiste ou dous: 

Está Loli na clase e dille a mestra: Se teño 5 laranxas nunha man e 9 na outra, que teño?. 
E dille Loli: UFFFF!!! Unhas mans ENOOORRRRMMMMEEEESSSS!

- Bo día, preciso unhas gafas?
- Para o sol?
- NON, son para min.

- Facer un xogo de palabras:

Era un home tan delgado, tan delgado que traballaba limpando mangueiras por dentro.

Era un verán tan seco, tan seco que as vacas daban leite en po.

- Dicir unha frase graciosa:

Que é un día sen Sol?... Pois a noite.

- Búrlate de ti mesm@:

Teño a nariz tan grande, tan grande que podo ulir os pasteis que ten Ébano en Sigüeiro.

Teño un cu tan grande, tan grande que cando fago caca nunca acerto na taza.

A que mola!!!

Pero, sigamos recordando o libro: O sorriso de Daniela.



Foi escrito por Carmen Gil que é moi coñecida no mundo da literatura infantil. Ten moitísimos contos, recordas algún? 


A ilustradora é Rebeca Luciani. Da cursos, obradoiros de ilustración e ademais é unha artista nata. Mirade que ilustracións:

Espero que vós gustara. Sempre podedes levalo en emprestamo na biblioteca ou mercalo na tenda máis próxima:




















luns, 8 de outubro de 2018

Vinde a biblioteca!!!!


Adiviñades de que vai ir o día de biblioteca???. Para @s despistad@s outra pista:




Pois sí. Imos SORRIR A GARGALLADAS!!!

Chegou a nosa escola un conto moi especial onde un sorriso pode ser o contaxio mais maravilloso. Ides a perdelo?

venres, 5 de outubro de 2018

Día mundial do SORRISO!

Ola diverpingüís!!!

Hoxe, o primeiro venres do mes de outubro celebramos esta festa tan especial.

A idea xurdeu de Harvey Ball o creador desta cariña:

Despois da súa morte creouse unha fundación para conmemorar esta data: Harvey Ball World Smile Foundation. 

Todos os anos fan unha recollida de fondos para axudar as persoas que o precisen. 

Con este día queremos que secases felices e máis amables coas persoas que están o noso lado ou que nós rodean.

SORRÍ E SE FELIZ!

mércores, 3 de outubro de 2018

O primero martes de curso.

Ola amiguiñ@s!

Comezamos este martes con moita marcha. 

Vimos a nova biblioteca. Está preciosa. O Concello de Oroso pintouna e amañouna, parece nova!!!.

Non tedes curiosidade por vela?. Vinde e admirade o chula que está!

Estuben curioseando por un buraco que hai na parede. Vin que viñéstedes a verme, como medrástedes!!! Uff xa non vós coñecía!!! O verán fai estragos.

As profes contaron unha historia de amor pero un tanto especial, chamada: Amores de Gato e Rato. 














Un gato moi pillabán que quería comer ratos pero o amor saltou e como rematou? (para sabelo debeles collelo empréstado, pero antes tedes que agardar que un lector novo de Deixebre quixo levar).

Este libro foi escrito por: Toño Núñez. É un profe de Lugo moi amigo das letras, fixo moitos contos:

Coñecedes algún?

A sua ilustradora é: Susanna Widmann. Ademais de debuxar nos contos tamén é tatuadora. As súas obras son maravillosas.

Para que recordemos e gozemos:

Canción incluída no libro-disco-DVD 'María Fumaça'. Editorial Galaxia, colección Sonárbore, 2012.