Amosando publicacións coa etiqueta ANNA KEMP. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANNA KEMP. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de outubro de 2019

A princesa rebelde

Ola fantastic@s!!!

Que gran conto o martes! Volvimos a recordar unha princesa moi especial.

Ela quere ser feliz e non lle gusta o que din os contos de sempre. 

Xa vedes que as mulleres podemos conseguilo todo. E como non os nenos tamén.

Preme sobre a imaxe para ver a historia das súa escritora e ilustradora.



mércores, 31 de xaneiro de 2018

Vaia princesa!

Ola amantes da Paz!

Este martes vimos un conto titulado: A princesa rebelde.



Foi un acerto e todo o mundo gozou da súa historia. Nel vemos como unha muller ten dereito a realizar os seus soños do mesmo xeito que calquer ser vivo. En paz e liberdade.

A súa escritora é Anna Kemp é unha mestra da universidade Queen Mary de Londres onde ensina literatura francesa. Escribiu moitos libros moi interesantes de temática infantil.

A ilustradora é Sara Ogilvie. Ten ilustracións preciosas e ademais é unha gran artista en diseño, publicidade... Recordade que podedes visitar o seu blogue clicando no nome.

Se querelles ver as vosas fotos visitade a nosa páxina do CRA:


CLICA EN PINGÜI