Na nosa literatura temos obras maestras que debedes coñecer e segundo medredes é bo que as leales. Sempre se aprenden cousas novas e progresamos como persoas.
O conto deste martes como vístedes non ía precisamente de princesas. Porque polo que vemos non todas as mulleres aspiran a selo. Eu que son un pingüín moi listo tampouco quero, a min gustaríame ser viaxeiro do tempo. Poder ir aos tempos de antes como o exipto de Cleopatra ou ao futuro para ver que acontecerá.
Xa sei que esta tempada andades moi atarefadas e atarefados. Entre o entroido, o día da muller, a saída a Trasmonte do mércores, a semana da prensa...
Non sei como facedes, eu xa ando coa cachola tola con so pensalo.
Recordades a saída do venres?
Podedes visitar a páxina de Fani Triana, unha ilusionista maravillosa, espectacular!
Foi un día maravilloso. Quero agradecerlle as nenas e nenos de 6º do CEIPP Sigüeiro a súa labor, fixérono xenial! Ademais foren uns titores lectores expertos e moi amables. Quedamos con ganas de volver!
Recordade que hoxe martes temos biblioteca. Imos seguir profundizando no tema da vida das mulleres. Pensando en todas as que nos rodean e o que soñan ser.
O conto que escollimos é moi especial. Está basado nunha obra de teatro, atentas e atentos:
Se sabedes de algunha persona interesada en coñecer o noso CRA e con ganas de descubrir cousas novas. Amosádelle o noso vídeo! Seguro que lles encantará.