Amosando publicacións coa etiqueta BEATRIZ DAPENA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BEATRIZ DAPENA. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de xaneiro de 2024

Pepiño Cebolas

Maravilla de día e maravilla de nenas e nenos!

Que ben o fixéstedes e como aprendéstades a maneira autónoma a facer neve artificial. A todo o mundo lle gusta experimentar e coñecer novas sensacións.

Pero non so aprendimos isto seno que coñecemos a un colega novo chamado Pepiño Cebolas, as persoas que viñeron a biblio xa saben o porqué, e o resto debe ver o conto para podelo saber. Podedes levar empréstamo ou mercalo na librería máis próxima.




Este libro foi escrito por Sandra Alonso Villar. Mestra e librera en Zamora.

Ilustrouno Álex Meléndez e Beatriz Dapena. Invíntovos a acudir aos seus enlaces. Veredes as obras de ambos.

Agora imos aprender algo máis das cebolas na canle de YouTube: Clowntifics, ciencia que conecta. 



IDEAZA!!! Mirade polo microscopio as células da cebola veredes que sorpresa!!!!