martes, 29 de maio de 2018

FESTA CON SERVANDO BARREIRO!

Ola pekepingüis!

Que tal o pasástedes na biblio?. 

Visitounos unha persoa moi especial chamada Servando Barreiro. Contou historias musicais do mundo da auga. 

Como este líquido tan fantástico vive entre nós, o que fala, onde o podemos atopar, os seres que conviven nela... Foi XENIAL!

O libro que presentou chámase: A MÚSICA DA AUGA.

Preme sobre a imaxe para ver un pequeño vídeo sobre o conto - cd.

É moi interesante e poético. Ademáis ten un cd musical sobre o relato que se plasma no conto. Acudide a vosa librería para reservalo. Recordade que está escrito por Anxo Moure. Un gran ecopacifista, contacontos e escritor. Un segredo ten unha casa enriba dunha árbore onde logra que a nosa imaxinación voe libre. Outro segredo logra plantar carballos nas botas, pensade no tema... 

Pero para a xentiña que non pudo asistir... Gozade deste vídeo tan cuco:



venres, 25 de maio de 2018

GRAN FESTA!!!

Ola pingüíns!


TEMOS CELEBRACIÓN!!!


Este martes sesión especial. Unha persoa moi importante do mundo das letras ven visitarnos. Contará unha historia musical relacionada coa auga e animará a nosa gran tarde.

Se fai bo día celebraremos a festa no campo de xogos que está na igrexia de Vilarromarís. Moi preto da nosa sede. 

Se chove temos que quedar na nosa biblioteca.

Animádevos, veredes o ben que o pasamos!.

Deixo unha canción para animar a festa!!!!




Esta melodía está no proxecto educativo Celtic Roots.

mércores, 23 de maio de 2018

Eleneja

Vaia conto mais entretido e orixinal!!!

Quen podía pensar que tiña ese final. Pero non sabedes cal foi?

Eso pásalle as persoas que non veñen as bibliotecas. Non len, non aprenden, non avanzan.

Para ser persoas sabias temos que ler. Utilizar a biblioteca da escola e as que temos ao noso arredor. Nunca esquezades que os libros son un dos maiores tesouros do mundo. Sen eles non avanzaríamos.

O conto que vimos chamábase ELENEJA.

Foi escrito por Luís Amavisca un gran autor de contos pero tamén bo artista. Escribiu libros como os seguintes:

  

A ilustradora do conto é Monica Carretero. É moi famosa en todo o mundo e fai ilustracións tan maravillosas como a seguinte: (visitade o seu blogue xa veredes que chulada)


Este pingüín é un sentimental, así que para as persoas que non viñeron a pingüibiblio deixo un pequeno vídeo sobre o conto:





luns, 21 de maio de 2018

Novo martes, novo conto!

Ola compibiblio!

Este novo día de biblioteca imos ver un conto moi especial. 

Hai veces en que as persoas ou os animais se sinten diferentes do resto. Nacen distintas e distintos e non se parecen o resto de seres vivos que os rodean.

Esta é a historia da nosa protagonista. Por esa razón decide emprender un viaxe e autocoñecerse, saber que é realmente.

 Pero como se chamará?, que animal, ser ou persoa será?, que cousas pode facer?...

Esta é a súa foto.

Para saber máis só tedes que acudir a biblioteca, amiguetes!

Deixo uns xogos moi sinxelos dunha familia moi peculiar. Espero que gocedes!

 

venres, 18 de maio de 2018

Saída a Barosa

Ola viaxantes:

Que tal de excursión?.

O meu colega o panadeiro díxome que o pasarades moi ben. Algún case estoupa na merenda, menudo larpán!. Como vós gusta comer!

Deixo un pequeno video para que o recordedes. Podedes visitar a páxina do CRA onde ides ter as fotos. Bikasossss!!!


mércores, 16 de maio de 2018

A festa no faiado!

Quen pensaba que unha festa no faiado ía ser tan xenial?

A ilustradora do conto que lemos é Irene Fra. Ten feito moitas obras para diversas publicación.

Unha recomendación! Estos días estade atent@s a Televisión de Galicia porque van a emitir duas pequenas curtas de animación, adicadas a semana das Letras Galegas. Aquí vai un adianto:


Chegou a pouco non?. Que ninguén se preocupe, vai unha canción adicada a tod@s vós, pero sobre todo a unha nena de Deixebre, que ten unha camiseta moi chula de Uxía a Molona e a Banda Lambona, espero que a bailedes:


venres, 11 de maio de 2018

A semana das Letras Galegas

Ola guapis!!!

Xa chegaron, xa están aquí...  AS LETRAS GALEGAS!!! 


Pero sabedes o porqué desta festa?


Alá polo ano 1963 ná Real Academia Galega propuxeron celebrar o 17 de maio un homenaxe ás persoas que contribuiron á literatura galega.

Por que escolleron esta data?. Pois polo feito, de que se conmemoraba a publicación do libro de Rosalía de Castro: "Cantares Galegos".

E dende aquela todos os anos recordamos algunha escritora ou escritor importante da nosa terra.

Este ano adícase a María Victoria Moreno Márquez. (pincha na imaxe para saber máis da súa vida)

Esta autora escribeu moitos libros e algúns deles para tod@s vós:

     

Aínda que esta é unha pequena mostra, recoméndoche ir a librería e mercar, seguro que lle gustarán a toda a familia. 

Para que gocemos desta celebración visitade a páxina do Seminario Galán e xogade coas actividades en liña, so tedes que clicar na imaxe:


mércores, 9 de maio de 2018

TAM, TIM e TOM

Ola adeptolector@s!!!

Que ilusión! Somos europe@s!. RECORDADE QUE HOXE É O NOSO DÍA!!!




O martes falamos moito sobre o noso lugar en Europa e ata bailamos varias cancións.

Tamén vimos un conto moi divertido onde 3 desastres de irmáns organizaban o seu traballo moi mal. Aprendimos que hai que colaborar e traballar unidos para acabar ó que desexamos. O traballo en equipo fai a forza. 

O libro chámase: Tam, Tim e Tom. Está publicado en OQO editora. 

A adaptación deste relato está feita por Roberto Mezquita. Aparte de ser escritor e narrador de contos, e moi bo por certo. Aquí queda un pequeno video de Roberto mostrándonos unha historia chamada rueda que te rueda:



O ilustrador é Paolo Domeniconi. Colaborou en moito contos, seguro que recoñecesdes algún:


Recordade que podedes ver as fotos das sesións de animación na páxina do CRA e coller os contos na nosa biblioteca. Moitos pingüibikos.

xoves, 3 de maio de 2018

Chega o día de Europa!

Ola pingüilector@s!

Xa está aquí... o día nó que todas as persoas europeas celebramos a nosa unión. 

O 9 de maio conmemoramos a xuntanza desta comunidade, composta por diferentes países: España, Alemania, Austria, Bélgica, Rumania, Italia, Grecia, Finlandia Portugal...

Temos varias cousas en común, ademáis desta data. 

Un himno basado na Oda a Ledicia unha obra de Friedrich von Schille  e adaptada musicalmente por Ludwig van Beethoven.

Queredes escoitalo?


Unha bandeira formada por 12 estrelas douradas en círculo sobre un fondo azul:


Unha moeda que se chama Euro (non todos os países a desfrutan):


E un lema que é: Unida na diversidade.


Xa vedes que é un tema moi importante. Outra cousa, no 2018 declarouse Ano Europeo do Patrimonio Cultural. 

Aquí en Galicia seguimos traballando para que a nosa cultura sexa conservada e perdure no tempo. Mirade esta nova e se queredes so tedes que asistir, seguro que ó pasaredes xenial!. DATA ENTRE O 8 E 10 DE XUÑO NO GAIAS.

Por certo, non esquezades vir á pingüibiblio. Conto con vós!