mércores, 18 de decembro de 2019

Quen veu a cear???

Vaia contos! Son fantásticos!

Os libros dos que desfrutamos esta tarde foi:


Foron escritos e ilustrados por Steve Smallman  e Joëlle Dreidemy. Animádevos a pedilos polo Nadal tanto aos Reis como a Papá Noel. Seguro que os dan este agasallo tan especial.

Agora xa sabedes o que toca non?. Preparade as pilas que xa chega o festival e estou desexando ver o voso espectáculo.

luns, 16 de decembro de 2019

Xa chega o Nadal!!!

Ola amigüiñ@s!

Xa non queda nada para celebrar está festa tan especial. Xa sabedes cantamos panxoliñas, vemos luces de cores, visitamos a familia, seamos xunt@s... E falando de crear. Sabede que o conto deste martes vai sobre unha comida moi especial onde está implicad@s lobos e unha ovella. 

Non quero estropear a sorpresa. Pero so dicirvos que o imos pasar moi ben nesta sesión. Espero que veñades a gozar da tarde. Pensade que vai chover e antes de quedar vendo a tele ou xogando con videoxogos podedes vir a estar coas amigas e amigos. Vide tod@s!!!

Premede no PAC MAN para ir a enlaces de nadal:

mércores, 11 de decembro de 2019

SUPERNIÑOS!!!

Que conto máis divertido e comprometido!


Polo que vimos todas e todos temos superpoderes so temos remexer e buscalos dentro de nós.

Clica na imaxe. Podedes coñecer o libro e descargar fichas para a diversidade.

SUPERIVÁN mostrounos que as diferenzas fan que aprendamos das demais persoas e viceversa. Que  todas e todos temos capacidades e limitacións. 

Este conto tan xenial foi escritor por: Anya Damirón. O seu ilustrador é: Pablo Pino.

Grazas a el impulsores un proxecto cooperativo: Yo soy Super! (preme para conócelo)


luns, 9 de decembro de 2019

O Nadal está preto...

Ola festeir@s!!!


Xa se ule o Nadal. Xa escribístedes os vosos desexos? Eu estou niso. Ándolle dando voltas a cachola e non o teño moi claro. As veces pido un bocadillo de guacamole, outras veces poder ir de viaxe a Saturno... Non sei, non sei!

O que teño claro e que vou seguir ansiando conseguir máis Paz no mundo, menos contaminación (reciclando, reutilizando e reducindo) e máis igualdade entre as persoas, xa sexan mulleres e homes, como xente con dificultades...

En Nadal non so hai que pensar en "MIN" senón no que temos ao noso arredor: persoas, animais, natureza...

Este martes na Pingüibiblio imos coñecer uns superheroes fantásticos!. Sacarán de todas as persoas que acudan un SUPERPODER!!!

Estades preparadas e preparados????

Para que vaides quentendo motores imos poder unha cantiga nova para gozar!!!



Canción do disco: Paio e o poder da música. OVIRAVAI.


domingo, 8 de decembro de 2019

Recomendacións para o Nadal!

Ola chavalada!!!

Este nadal quero recomendarvos unhas cantas lecturas mercar, coller emprestadas, agasallar...

Espero que gusten!



martes, 3 de decembro de 2019

Que día tan bo!!!

Este martes vimos un conto moi especial. Mostrounos como non debemos renunciar aos nosos soños e como debemos loitar por conseguir desenvolvernos profesionalmente, sobretodo as mulleres.

Antes as mulleres víanse sometidas a facer so labores do fogar e profesións consideradas "femininas": enfermeira, mestra, costureira...

Hoxe está cambiando moito e debemos seguir adiante neste camino. Todas e todos podemos traballar no que nos proponemos e que nos guste. Nesta vida hai que loitar pola igualdade!!! E estar en contra de conductas machistas.

Clica!

Esta obra foi escrita e ilustrada por Cañizales. Un autor que xa conocíamos na nosa pingüibiblio e que nos entusiasma. 

Queredes ver máis contos? Clicade na imaxe:


Que ben o pasamos!: