Amosando publicacións coa etiqueta ANXO MOURE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANXO MOURE. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de marzo de 2026

DÁLLE VOZ AO PLANETA!

Da man de Anxo Moure, no CRA de Oroso vivimos unha experiencia que nos fixo vibrar, pensar… e actuar.

Hoxe traémosvos un vídeo moi especial.
Unha mensaxe clara e directa sobre o reciclaxe, o coidado da natureza e o respecto polo que é de todas e todos.

Porque cada xesto conta: reciclar, coidar e respectar

Non hai planeta B… pero si hai millóns de persoas que poden marcar a diferenza.

Este vídeo non é só para ver… é para sentir, compartir e transformar!

Atréveste a formar parte do cambio?




martes, 24 de marzo de 2026

Un agasallo para toda a vida no CRA de Oroso

A visita de Anxo Moure foi moito máis ca unha actividade… foi unha experiencia que deixou pegada nos nosos corazóns.

Baixo a protección das nosas árbores, compartimos contos cheos de vida, aprendizaxes sobre as árbores autóctonas, curiosidades sorprendentes e, sobre todo, unha mensaxe clara e poderosa:
 coidar a natureza é coidarnos a nós mesmos e mesmas.

Falamos de como protexer as nosas árbores, de como querelas, de como escoitalas… porque elas tamén teñen moito que dicir.

Pero o momento máis especial chegou cun agasallo inesquecible.
Unha árbore para coidar, mimar e ver medrar ao longo dos anos.
Un símbolo vivo do noso compromiso, da nosa responsabilidade e do noso amor pola terra.

No CRA de Oroso seguimos sementando futuro: educando en valores, espectando o noso contorno e defendendo o que é de todas e todos.

Porque cada árbore conta… e cada pequeno xesto tamén.




domingo, 22 de marzo de 2026

Anxo Moure e a gran ciclobiblioteca!

 No CRA de Oroso vivimos un día... INESQUECIBLE!

A visita do marabilloso Anxo Moure encheu as nosas escolas de maxia, risas e moita natureza.

Comezamos cunha sesión de lectura moi especial… baixo as árbores!
O vento, as follas e as palabras mesturáronse para transportarnos a un mundo onde a natureza fala… e nós escoitamos.

E cando pensabamos que xa non podía ser mellor… chegou a súa incrible ciclobiblioteca!
Si, si! Unha biblioteca con rodas na que puidemos montar todos: nenos, nenas, mestres e mestras.

Rimos, aprendemos, pedalamos e, sobre todo… sentimos a natureza moi preto.

Foi deses días que quedan gardados no corazón.
Deses que nos lembran que aprender tamén pode ser unha aventura divertida e chea de emocións!

Grazas, Anxo, por facernos soñar e por ensinarnos a coidar o que é de todas e todos.



xoves, 19 de marzo de 2026

O CRA de Oroso énchese de vida, natureza e conciencia!

Este 20 de marzo, case coincidindo co Día da Árbore, recibimos nas nosas escolas a visita do gran contador, educador e defensor da natureza Anxo Moure.

Unha xornada moi especial na que o noso alumnado poderá sentir, escoitar e comprender a importancia dos nosos bosques, eses espazos que son moito máis ca árbores: son fogar, vida, equilibrio e futuro.

Nun momento no que moitas veces se prioriza o privado fronte ao que é de todas e todos, queremos lembrar que:
Os montes, os ríos e os bosques son un ben común
O seu coidado é responsabilidade de toda a sociedade
Protexer as nosas especies autóctonas é garantir vida mañá

Porque educar na natureza é educar para a vida.
Porque coidar o noso é construír futuro.

Dende o CRA de Oroso seguimos sementando conciencia, respecto e amor pola nosa terra.




martes, 29 de maio de 2018

FESTA CON SERVANDO BARREIRO!

Ola pekepingüis!

Que tal o pasástedes na biblio?. 

Visitounos unha persoa moi especial chamada Servando Barreiro. Contou historias musicais do mundo da auga. 

Como este líquido tan fantástico vive entre nós, o que fala, onde o podemos atopar, os seres que conviven nela... Foi XENIAL!

O libro que presentou chámase: A MÚSICA DA AUGA.

Preme sobre a imaxe para ver un pequeño vídeo sobre o conto - cd.

É moi interesante e poético. Ademáis ten un cd musical sobre o relato que se plasma no conto. Acudide a vosa librería para reservalo. Recordade que está escrito por Anxo Moure. Un gran ecopacifista, contacontos e escritor. Un segredo ten unha casa enriba dunha árbore onde logra que a nosa imaxinación voe libre. Outro segredo logra plantar carballos nas botas, pensade no tema... 

Pero para a xentiña que non pudo asistir... Gozade deste vídeo tan cuco: