A que estibo xenial o día de poder voar un papaventos!
Aledoume moito que viñésedes a Pingüibiblio e ver o ben que o pasástedes. Como son un amimal moi amigable quero recomendarvos unha serie de libros e música para xogar co mundo dos papaventos. Estades preparados e preparadas?.
Tamén vos deixo un episodio de Bechos, na que falan sobre os papaventos:
Vimos a nova biblioteca. Está preciosa. OConcello de Oroso pintouna e amañouna, parece nova!!!.
Non tedes curiosidade por vela?. Vinde e admirade o chula que está!
Estuben curioseando por un buraco que hai na parede. Vin que viñéstedes a verme, como medrástedes!!! Uff xa non vós coñecía!!! O verán fai estragos.
As profes contaron unha historia de amor pero un tanto especial, chamada: Amores de Gato e Rato.
Un gato moi pillabán que quería comer ratos pero o amor saltou e como rematou? (para sabelo debeles collelo empréstado, pero antes tedes que agardar que un lector novo de Deixebre quixo levar).
Este libro foi escrito por:Toño Núñez. É un profe de Lugo moi amigo das letras, fixo moitos contos:
Coñecedes algún?
A sua ilustradora é: Susanna Widmann. Ademais de debuxar nos contos tamén é tatuadora. As súas obras son maravillosas.
Para que recordemos e gozemos:
Canción incluída no libro-disco-DVD 'María Fumaça'. Editorial Galaxia, colección Sonárbore, 2012.
O outro conto era: Se eu fose moi alto. Escrito por António Mota un escritor portugués moi coñecido por ser creador de moitos libros infantís. E ilustrouno André Letria. Tamén de orixe portuguesa e ganador de varios premios como artista ilustrador. Unha cousa! O xogo da saúde que fixemos este martes queda colgado na web. Podédelo descargar en cor.
Para que coidedes a vosa saúde e siguades comendo san (xa me chivaron que nalgunha escola estaba comendo moi san tódolos venres). Desfrutade destas cancións de María Fumaça publicados na editorial Xerais. Animádevos a telos traen CD e DVD!