Que luns máis movido, non?. Sempre andades a pasear.
Que tal a saída escolar? Xa sei que en Trasmonte xogástedes e foi unha xornada fantástica. Que boas e bos anfitrionas e anfitrións!!! Grazas por ser tan amables e prestar a vosa escola para todo o CRA.
Para que non esquezades...
E xa sabedes continuade coa campaña OfiRaee. Reciclade os aparellos eléctricos e electrónicos nos lugares axeitados: puntos limpos, tendas de recollida...
Non sei se o sabedes pero as nenas e nenos de Deixebre marcharon de viaxe a Mercería María en Sigüeiro.
Unha persoa moi xenerosa convidou a toda a escola a ir traballar as matemáticas, plástica, coñecemento do entorno... ducha maneira diferente.
Polo que me contaron pasárono pipa, repipa. Mirade que vídeo - resumo!
Por certo, mil grazas pola invitación e non olvidedes que se precisades mercar botóns, goma, lazos, medias... e mil cousas máis acudide a mercería María de Sigüeiro (Oroso). É fabulosa.
Este foi o libro que coñecemos na pingüibiblio de Vilarromarís. Móstranos como coñecer as cores sen chegar a velas. Queredes saber como?. Só tedes que lelo...
Foi escrito por Menena Cottin: (clica na fotografía para saber máis)
E ilustrado por Rosana Faria: (clica na fotografía para saber máis)
Queredes ver un pouquiño do conto?. Pero cóntovos un segredo?. O mellor deste conto é sentilo polo tacto, o aroma... é único.
Hoxe levanteime coa sensación de que me estou perdendo algo. Non sei... Será unha festa?, será unha visita a doutora?... Non sei, non sei. Pero vexo todo negro, negro, negro...
Clica!
O conto deste martes vai sobre a cor negra. Tedes que velo é moi interesante.
Recordádelle as mamás e papás que pola tarde tamén teñen escola. Van aprender moitas cousas mentres estades na biblioteca. Que non se esquezan de asistir. As avoas e avós están convidad@s.
Para xogar coas cores aquí queda unha página de mémoris. Animo xa veredes que diver!!!
Preparadas e preparados para a primeira saída escolar?. Será o luns 10 de decembro durante toda a mañá. (Oxalá faga bo día).
A visita está unida ao día das Letras Galegas que están radicadas a Antón Fraguas Fraguas.Foi escritor, historiador, antropólogo... Adicou a súa vida a coñecer a Galicia, xa foran lugares, costumes, artesanía... A nosa cultura era a súa forte de estudio.
Nós tamén debemos coñecer o noso pobo. Polo cal a primeira excursión será coñecer as escolas do CRA de Oroso. Sabedes que temos catro: Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide. Pero ademais contamos coa sede onde eu vivo: Vilarromarís. (visitade a página web do colexio para ver a ubicación delas)
Dispostos a viaxar e coñecer o noso entorno?... Preparade a mochila e a trotar.
Por certo, temos unha visita foi especial que nos agarda en Trasmonte. Pista...