Amosando publicacións coa etiqueta JUSTIN RICHARDSON. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta JUSTIN RICHARDSON. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de abril de 2024

Con Tango son tres

 Clica no libro para conócelo.


Adiviñades a quen coñecemos na Pingüibiblio?

Pois a un colega moi especial chamado Tango. É unha historia moi bonita e real sobre como dous pinguins logran crear a súa propia familia.

Este libro foi escrito por Justin Richardson e Peter Parnell. Parella dende fai moitos anos e querían mostrarvos como as familias son diferentes tanto na nosa realidade como no mundo animal.


Clica na imaxe para ver a nova.

As ilustracións foron feitas por Henry Cole. Entrade no seu enlace para para xogar e ver a súa obra.

Para as persoas que non poidéstedes asistir aquí tedes un pequeno vídeo sobre o conto: