xoves, 3 de decembro de 2020

Deixebre opina sobre a discapacidade

Ola colegas!!! Deixebre deixanos un novo vídeo onde nos falan sobre a discapacidade e como podemos contribuir para colaborar e loitar pola igualdade. Non vós apetece velo?. Adiante.

luns, 30 de novembro de 2020

Pingüicalendario de nadal

 Ola meus amores!


Quedo convidarvos a un calendario feito por min como agasallo nestas datas. Conto con que o visitedes. Moitos pingüibikos!!!



luns, 26 de outubro de 2020

Xa chega o Samaín...

 Ola pingüiamig@s!!!

Xa estamos no Samaín e petan a nosa porta seres horrorosos que nos intentan asustar. Seguro que algunha vez pasástedes medo, pero sempre queda un pequeno regusto cando iso acontece e te decatas de que non era para tanto.

Dende a pingüibiblio imos facer unhas pequenas recomendacións para ler durante estos días, bailar ou xogar.





martes, 1 de setembro de 2020

Ola amigas e amigos!!!

 Ola que tal estades?


Este curso vai ser un pouco diferente debido a un personase moi especial chamado COVID - 19. Mira que é pesado que parece que chegou para quedarse e non con auga quente marcha.

Pero tede moito ánimo, que aquí está Pingüi para ocupar o voso tempo e darvos recomendacións coas que podedes hogar, pasar o rato, compartir... 

Moitos pingüibikos!!!!


venres, 19 de xuño de 2020

domingo, 12 de abril de 2020

Xa chega a pascua

Ola!

Como nestas datas seguimos confinadas e confinados imos poner un contiño para que pasedes un bo rato:


 Escrito por Pascal Brissy e Léa Fabre.

xoves, 2 de abril de 2020

Este trimestre remata

Ola amores!!!

Deixo un conto sobre unhas galiñas de pascua moi especiais:



martes, 24 de marzo de 2020

Ola pingüicolegas!!!

Seguro que pensástedes que me atopaba mal, pero nanai, nanai!!!

Aquí estou outra vez con moita enerxía. Quero que continuedes lendo moito. Para axudar neste avance educacional aquí vou deixar un conto feito nas escolas fai anos. Seguro que gusta!



luns, 9 de marzo de 2020

Estou esperando a todas e todos!

Ola loitadoras e loitadores!!!

Feliz #8M!!! Xa me contaron que o luns fixéstedes unha excursión moi especial, para ver unha obra adicada ao día das mulleres que trouxo o Concello de Oroso. Seguro que foi fantástica!

Eu lin moito e vin o voso vídeo sobre as mulleres máis importantes de Exipto. Moito aprendín e continuo con ganas de seguir investigando o tema. Como esta é a semana da prensa vou revisar todos os días os periódicos e ver se hai novas sobre este tema. Tamén ides estar atent@s?


domingo, 8 de marzo de 2020

#8m

Moi bo día da Muller. O país que estamos coñecendo neste trimestre é Exipto. Como non ía facer un vídeo de mulleres importantes nesa cultura. Preparadas e preparados?

Non esquezades que se loitamos e perseveramos cadaremos a igualdade na sociedade. Sen medo! 

mércores, 4 de marzo de 2020

Por catro esquinas de nada

Que conto máis divertido! E moito xogamos con el!

  

Este libro foi elaborado por Jerôme Ruillier  

Pero non esquezamos a Escola de Familias. Moitas grazas por asistir!

 

domingo, 1 de marzo de 2020

Escola de Familias e Pingüibiblio

Ola lector@s!!!

Preparadas e preparados para outro día de desfrute e gozo na Pingüibiblio?

Acaba de contarme un paxariño que hoxe hai escola para todas as familias. Que oportunidade máis boa para acudir!

E vos tendes tamén a ocasión de ver un conto novo basado na integración e na igualdade. Neste libro hai un dilema moi especial que deberes tentar resolver. Déixovos coa intriga colegas!

mércores, 19 de febreiro de 2020

Os bolechas van de entroido

Ola colegas!

Este martes vimos un conto onde os Bolechas nos falaban sobre @s Xenerais da Ulla. Non nos pilla moi lonxe e creo que nestas festas de entroido podemos ir a velas e velos.

O libro foi ilustrado e escrito por Pepe Carreiro

Se queredes ver un episodio moi especial deles so tedes que clicar na imaxe:

luns, 17 de febreiro de 2020

Xa chegou o entroido!!!

Veña colegas que este martes volvemos a ter festa na biblioteca!!!

Chegou o tempo das orellas, filloas, bolos preñados, cachucha... Pero ademais, temos que disfrazarnos e bailar. 

Teño uns nervos!!! Que chegue o venres, quero ver os traxes que levaredes.



Canción de Paco Nogueiras

domingo, 16 de febreiro de 2020

Coidado, coidado... que o Meco ven preparado!

Non esquezades, 
esta semana que o Meco vai mandar 
como debemos vestirnos para triunfar!


mércores, 12 de febreiro de 2020

Unha eiruga moi larpeira

Vaia conto!

Algúns e algunhas xa o coñecíades pero sempre está ben recordar historias. Ademais xa sabedes que Eric Carle é un autor que namora nas nosas escolas.

Escribeu libros como:

   


Na nosa Pingüibiblio hai un lote de cousiñas feitas por el, sobretodo na seccion de inglés. Veña a que esperades! Collede algún conto deste autor.


luns, 10 de febreiro de 2020

Unha eiruga moi especial

Ola chicas e chicos!

Este martes estamos invadidos na Pingüibiblio por eirugas. Hai que andar con coidadiño de non pisalas e agarimalas.

Unha delas é diferente e sempre ten unha fame do demo. Queredes coñecela?

Pois xa sabedes o que toca facer. Vinde a visitarme.


mércores, 5 de febreiro de 2020

A historia dos bonobos con lentes

Ola colegas!!!

Vaia libro máis chuli vimos o martes na Pingüibiblio!!!.

Quen ía decir que a esta historia acabaría dándonos unha lección tan importante.


O libro que gozamos foi:

Preme na imaxe para ir a editora do libro.

De Adela Turin e Nella Bosnia. Ámbalas dúas publicaron unha colección de libros sobre igualdade que esperamos que leades, porque son moi interesantes:

   
Seguro que algún xa o coñecíades. Xa sabedes colledeos en préstamo na nosa biblioteca ou na que esté máis preto, como a do noso Concello Oroso. E se sodes de mercar, acudide as librerías da nosa contorna, en Sigüeiro seguro que hai algunha que consigue estes libros tan maravillosos.

A LER, COMPIS!!!

luns, 3 de febreiro de 2020

Biblioteca en igualdade

Ola peke, pekes!!!

Hoxe na biblioteca imos coñecer unha historia moi especial sobre uns Bonobos con anteollos:




Xa sabedes... Vinde a Pingüibiblio!!!!

xoves, 30 de xaneiro de 2020

Peace Day

Hello friends!

Happy Peace Day!!! Today is a wonderfull day. You see the video, ok?


mércores, 29 de xaneiro de 2020

Unllas de cores para tod@s!

Ola pingüicolegas:

Se viñéstedes a biblioteca seguro que o pasástedes moi ben, e non foi así lástima.

O conto que vimos foi:


Podedes apreciar que a súa escritora é Alicia Acosta e Luis Amavisca. Foi ilustrado por Gusti. 


Aínda que xa sabemos que moitas e moitos xa gozástedes desta historia, sempre temos un espazo para volver repetir. Visitade a publicación do Instagram que falamos, imaxinamos, debuxamos, pintamos... sobre este conto.




domingo, 26 de xaneiro de 2020

Con ganas de... PINGÜIBIBLIO???

Hi!

How do you do?... Perdón, que se me vai a cabeza ao inglés. Xa me dijo un paxariño que estades a todo traballar nun proyecto moi especial para o día da PAZ. Eu quero vervos!!!!

Preparade as vosas mans e sobre todo unllas que na biblioteca vai pasar algo moi gordo.

SORPRESA, SORPRESA!!!


Para deixarmos coa curiosidade solta... Polo un vídeo sobre Exipto e unha das súas gran faraonas: CLEOPATRA.


mércores, 22 de xaneiro de 2020

Que tal ides?

Que tal colegas?. Xa hei visto que na Pingüibiblio seguides profundando no tema da igualdade. Con dous libros fantásticos e que polo que vexo son os favoritos de moita xente. Xa sabemos que Canizales é un gran escritor e ilustrador que ten contos estupendos. Xa vedes como unha bruxa pode chegar a atopar a súa propia beleza e unha nena " guai" logra ver como é o camiño para ser mellor.



Preme nas portadas para ir a páxina web de Canizales.

Para que vaiades abrindo boca aquí queda outro conto no que o noso autor foi o seu ilustrador


Premede sobre a imaxe para escoitar a súa canción.

Para ver as fotos da sesión de biblioteca clicade no Instagram!!!




domingo, 19 de xaneiro de 2020

Martes de conto martes de encontro

Ola que tal? Este martes volvemos ter unha cita en Vilarromarís. Xa saberedes que estou moi feliz cada vez que chegas de visita. Me aledádesme as tardes. Atópome cos nervios a flor de pel, o motivo é que está a chegar o día da Paz e para min é un dos días mais importantes do ano. Defendo valores como a igualdade, o amor, a inclusión, a integración... Todo o que beneficie as nosas vidas, para lograr un clima de paz e harmonía.

Para que teñades un xogo da paz e poidades gozar en familia:

Clicade

mércores, 15 de xaneiro de 2020

Princesas e príncipes especiais

Ola amigas e amigos: Este martes vimos na Pingüibiblio dous contos onde unha princesa e un príncipe son diferentes. Cada un quere facer a súa propia vida e gozala en plenitude. Pero a sociedade non lles permite facelo. Os seus títulos son:



Ambos os libros foron escritos por: Babette Cole.

venres, 10 de xaneiro de 2020

Volta das vacacions!!!

Que tal este tempo de Nadal?

Seguro que coméstedes moito e como fixo bo tempo saístedes a pasear moitos dos días. Eu tamén quixen viaxar e fun ver a miña familia. 

Alí bailamos, saltamos, fixemos bonecos de neve, pescamos... Moito nós gustou sair e voltar a estar todas e todos xunt@s.

 

Estar en familia e gozar é o mellor!!!

Pero cambiando de tema, seguro que tedes moitas ganas de verme non?. Eu estou desexando volver a escola e facer outra tarde de pingüibiblio.

Espero que este martes veñades todas e todos de visita seguro que o pasamos xenial.

Un caracol exipcio moi particular...