Amosando publicacións coa etiqueta CARRIE TILLOTSON. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CARRIE TILLOTSON. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de abril de 2026

Martes bananero.



Ola pingüiamiguetes!

Este martes pasámolo xenial: xogamos, saltamos, comemos e  coñecemos dous contos maravillosos.

Contando bananas — Carrie Tillotson (ilustrado por Estrela Lourenço)

Este libro é unha divertida viaxe polo mundo das froitas, onde as bananas son protagonistas a través dun texto rítmico, case musical. A historia xoga cos números, as palabras e as rimas, facendo que a lectura sexa dinámica e participativa, ideal para os máis pequenos.

As ilustracións de Estrela Lourenço acompañan perfectamente o texto, con cores vivas e escenas cheas de movemento que axudan a comprender e gozar da historia. É un libro perfecto para traballar a linguaxe, o ritmo e incluso as matemáticas básicas dun xeito lúdico.





As pirañas non comen bananas — Aaron Blabey

Un conto cheo de humor que rompe expectativas: as pirañas… non queren comer bananas! O protagonista, unha piraña diferente chamada Brian, intenta convencer ás demais de que hai alternativas máis saborosas e menos perigosas que comer carne.

A través dunha historia divertida e con moito ritmo, o libro transmite valores como ser diferente, pensar por un mesmo e cuestionar o que parece “normal”. Ademais, o ton cómico e as ilustracións fan que sexa moi atractivo para o alumnado.




Estes libros non só entretén, senón que abren a porta a falar, xogar, contar e imaxinar… perfectos para unha xornada tan especial como o Día das Bananas! 


domingo, 12 de abril de 2026

Martes de BANANAS na Pingüibiblio!



Este martes 14 de abril… a nosa biblioteca énchese de cor, risas e moita diversión!

Prepárate para unha xornada moi especial arredor dunha das froitas máis coñecidas do mundo: a banana

 Que imos facer?


Gozaremos de dúas lecturas moi especiais:


Contando bananas, de Carrie Tillotson, ilustrado por Estrela Lourenço. Editora MIAU



As pirañas non comen bananas, de Aaron Blabey. Editora Anaya.



Dúas historias diferentes… pero igual de sorprendentes e divertidas!

Ademais…
Xogaremos
Investigaremos
Descubriremos curiosidades
E mergullarémonos no fascinante mundo das bananas

 Sabías que…?
As bananas medran en plantas xigantes que moitas veces parecen árbores, pero en realidade son herbas moi grandes
Son unha das froitas máis consumidas do mundo
Países como India, Ecuador ou Filipinas están entre os maiores produtores
Son ricas en potasio, ideal para os músculos e a enerxía 
E teñen o seu propio “envoltorio natural”, perfecto para levalas a calquera lugar


Ler tamén pode ser saboroso, divertido e… un pouco tolo!