Amosando publicacións coa etiqueta PABLO PINO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PABLO PINO. Amosar todas as publicacións

mércores, 26 de novembro de 2025

Talentos especiais a moreas

 


Vaia, vaia... quen o ía dicir... CANTA XENTE CON TALENTOS ÚNICOS!

Xa vimos que na Pingüibiblio saen mil e un talentos diferentes e diversos. Por que sabemos que cada persoa é diferente e grazas a iso o mundo é moi variado, rico e marabilloso.

Os contos que vimos foron os seguintes:





Este conto foi escrito por Anya Damirón . Ela mesma di que aprendeu a escribir contos lendo moito. Se clicas no seu nome podes acceder a súa páxina web. O ilustrador do libro é Pablo Pino o cal fixo obras como...



O outro libro que limos foi: 




Como adiviñástedes os superpoderes!!! Sodes supermarabilloses!!! Este conto foi escrito por  Susanna Isern Iñigo é nai de tres rapaces e leva publicados moitos libros para a infancia. A ilustradora é Rocio Bonilla se queres coñecer a súa obra so tes que clicar no seu nome.










luns, 24 de novembro de 2025

O día do talento especial.

 Ola Pingüiamiguetes!!!

Un martes máis temos quedada na biblioteca e conmemoramos o día dos talentos especiais. Seguro que moitas e moitos de vós tedes algún talento oculto, misterioso, maravilloso... que podedes mostrar ao mundo. 

Hai moita xente que pensa que non o ten ningún pero iso non é certo. Só hai que reflexionar, investigar e prepararse para a súa aparición.

Na biblioteca imos ler dous contos moi especiais:


Agora imos coñecer a outros Superminihéroes. Os seus defectos fan que sexan heroes. Queres comecemos? Clica no enlace:





mércores, 11 de decembro de 2019

SUPERNIÑOS!!!

Que conto máis divertido e comprometido!


Polo que vimos todas e todos temos superpoderes so temos remexer e buscalos dentro de nós.

Clica na imaxe. Podedes coñecer o libro e descargar fichas para a diversidade.

SUPERIVÁN mostrounos que as diferenzas fan que aprendamos das demais persoas e viceversa. Que  todas e todos temos capacidades e limitacións. 

Este conto tan xenial foi escritor por: Anya Damirón. O seu ilustrador é: Pablo Pino.

Grazas a el impulsores un proxecto cooperativo: Yo soy Super! (preme para conócelo)