Amosando publicacións coa etiqueta PABLO DÍAZ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PABLO DÍAZ. Amosar todas as publicacións

martes, 3 de febreiro de 2026

Voar un papaventos é unha ilusión!

 Que tal amigas e amigos?

A que estibo xenial o día de poder voar un papaventos!



Aledoume moito que viñésedes a Pingüibiblio e ver o ben que o pasástedes. Como son un amimal moi amigable quero recomendarvos unha serie de libros e música para xogar co mundo dos papaventos. Estades preparados e preparadas?. 

Tamén vos deixo un episodio de Bechos, na que falan sobre os papaventos:

Clica na imaxe



martes, 25 de novembro de 2025

25N CRA de Oroso Día contra a violencia de Xénero.

Coas nosas mans educamos para a igualdade

No CRA de Oroso preparamos unha experiencia moi especial para conmemorar o 25N, inspirada na canción As mans de Pablo Díaz. Cada escola do CRA achega a súa estrofa e o seu estribillo, e entre todas e todos construímos unha mensaxe clara:
coas nosas mans podemos cambiar o mundo e dicir NON á violencia de xénero.

Ademais, cada escola creou unha estrofa nova, dita polas nenas e nenos, buscando solucións para erradicar a violencia dende o respecto e a convivencia.

Tamén comezamos coas mans troqueladas coa cortadora laser que acompañarán o proxecto. Listas para converterse nun símbolo visible do noso compromiso. 

Porque educar na igualdade tamén se fai coas mans: construíndo, creando, acompañando e respectando.


Seguimos facendo mil cousas… coas nosas mans.




luns, 13 de maio de 2019

As letras galegas: Antón Fraguas

Ola pingüilector@s:

Que tal estamos?

Eu ando co peteiro revirado, sabedes por que?...

Esta semana é a das letras galegas e están adicadas a unha persoa moi especial: Antón Fraguas.

Foi un gran home que fixo una recollida moi importante sobre Galicia: os costumes, tradiccións, cantiagas, contos...

Temos que estár moi agradecidos e agradecidas a súa labor.

Deixo unha canción de Pablo Díaz (TOC TOC) dun conto recollido por Antón onde nos fala do casamento dun piollo e unha pulga: