mércores, 27 de febreiro de 2019

Venres de ENTROIDO!

Ola mariñeir@s!

Xa me comentaron que ides visitar un novo universo, pero non estelar senón marítimo.

De que ides ir disfrazad@s? Eu creo que me vou vestir de Neptuno o gran rei do mar. 

Estou desexando axixarvos por un buraquiño. 

Escoitade!


Canción e letra de Magín Blanco. 

Unha boa tarde

Ola pingüilector@s!!!

Este martes o libro que lemos foi:

 

Foi escrito por Didier Lévy e ilustrado por Fred Benaglia. Os dous de orixen francés e con moitísimas obras elaboradas.

Este dragón fai que vexamos que o amor e o cariño pode prender calquera lume apagado. Na pingüibiblio tamén logramos encendelo:

  

Quedaron xenial!





domingo, 24 de febreiro de 2019

Hoxe é o día de Rosalía

Ola pingüins!

Que movemento levo no corpo!!!

Hoxe festexamos día de Rosalía de Castro. Fai anos nesta data, nacía esta grande escritora galega. 

Na nosa escola tamén queremos recordarla:



Unha cousa. Este é un bo tempo para agasallar aos nosos seres queridos con un libro e unha flor. Correde a vosa librería, a que esté máis preto. Veredes que sorpresas esperan!

Un libro é o mellor presente.

mércores, 20 de febreiro de 2019

O Arco da Vella??? NONNNNN O ARCO DA LÚA ;-)

PILLÁSTEME MALANDRÍNS!!!

No recado do luns falaba do Arco da Vella e resulta que era o Arco da Lúa. Estas profes fanme tolear da cabeza.

Unha cousa non quita a outra, conto é precioso:


Foi escrito por Txabi Arnal.  É mestre e ten publicados outros títulos como:

  

A ilustración deste conto foi feita por: Susanna Widmann. Recordades que xa a conecíamos?

Clica na imaxe

Se querelles ver un anaco...



luns, 18 de febreiro de 2019

O inverno comeza a pasar e o sol coas raiolas asomar...

Ola pingüiamig@s!

Este inverno faise longo. Temos frío, chove... pero pouco a pouco vai chegando o entroido e da paso a primavera.

Sabedes que hai neste tempo? temos moitos e son...

ARCOS DA VELLA!!!

Pois o conto que temos preparado foi referencia a este tema. Xa veredes é maravilloso!!!

Para que pasedes un bo rato e aprendades algunhas cores do arco, xogade:



Por certo, xa me chivaron que no entroido ides disfrazados dun universo novo: O MAR. Pois ahí queda outra brincadeira:



mércores, 13 de febreiro de 2019

Ola pingüíns!

Temos un novo vídeo na canle de Youtube!

Queredes velo?

ADIANTE!!!!


Recordamos o conto... SORPRESA!!!

Este libro foi escrito e ilustrado por Anna Llenas. Esta autora é moi coñecida por todas e todos. Seguro que recordades algunha das súas obras. Mirade:



Todas esta cousas xa as sabíades verdade? Pero... sabiades que saiu un xogo de mesa novo sobre O monstro de cores?

Aquí hai un pequeno vídeo onde explican como podemos brincar con el:



luns, 11 de febreiro de 2019

Martes con amor

Esta semana veño cargado de corazóns e cariño.

Por que seguro que sabedes, que o 14 é o día das persoas namoradas. E quen non ten este sentimento?


AI!!! O AMOR!!!

Na pingüibiblio imos retomar un conto no que se fala e conversa sobre este tema. Xa o ano pasado o lemos, pero hai unha gran demanda. Como non imos darvos o gustazo?



mércores, 6 de febreiro de 2019

Un libro cheo de erros

Ola pingüicolegas!!!

Encántame que veñades á biblioteca. Pasámolo xenial e ademáis sempre gozamos de novas lecturas.

Como a de este martes:


Este libro foi ilustrado e escrito por Corinna Luyken. É o seu primeiro libro, sabedes como se lle ocorreu? 

Pois dando clase de arte á nenos e nenas. 

Neste relato aprendemos varias cousas:

- Os erros son bos, con eles aumentamos o coñecemento do mundo e melloramos.
- Todas e todos somos capaces de avanzar e acadar todo o que desexamos.
- Sempre podemos voltar a comezar e lograr mellorar.

ÁNIMO PINGÜIAMIGUETES!!!

Agora un pouco de música para levantar o ánimo! 


(Don´t stop me now - Queen)

luns, 4 de febreiro de 2019

Que martes máis extrano...



Ola queridiñ@s!


Este martes é un día raro. A profe Raquel e Mariola estiberon por aquí dando voltas.

Andaban a busca de manchas e erros. Que raras son! Cada día está máis desfasadas. Non sei, non sei...

Viron un conto...

A ver se me aclaro.

Aquí queda un avance do libro, abride ben os ollos!