Moi bo día da Muller. O país que estamos coñecendo neste trimestre é Exipto. Como non ía facer un vídeo de mulleres importantes nesa cultura. Preparadas e preparados?
Non esquezades que se loitamos e perseveramos cadaremos a igualdade na sociedade. Sen medo!
Xa sei que andades de ponte!. Eu tamén sigue facendo o camino con Lía, xa case chegamos a Santiago. Seguro que mañán nos vemos! Querelles ver un anaco da nosa andaina?
Estamos pasando moi ben. Mañá vémonos e non esquezades vir a biblioteca pola tarde. Imos ver arte, como a espectacular obra arquitectónica que ides visitar!
Amigas e amigos recoméndovos esta aventuras dos nosos COPs. Amadou está triste e queremos saber o porqué. Neste vídeo ides ver e comprobar o que pasa cando alguén acosa a outra persoa por ser diferente. Podedes aportar novas ideas e solucións. Temos que darlle as grazas ás nenas e nenos de Trasmonte pola súa colaboración. Tamén as nosas profes Susana e Raquel polo seu esforzo.
Non sabedes quen chegaron pola porta do CRA. Os COPs!!!
Non sabedes quen son? Pois os nosos CRAorosopuppets.
Son unhas persoas novas que chegan as nosas escolas para que coñezamos a súa cultura e novas maneiras de mirar a vida. Van a axudarnos nas nosas escolas a ser máis sabi@s e saber resolver conflictos con estratexias basadas na paz, na solidariedade, na non violencia...
Queredes velos?
Pois aquí están!
Queremos dende aquí agradecer a Guadi Galego que nos deixe utilizar a súa canción Fronteiras. GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!