xoves, 27 de outubro de 2022
mércores, 26 de outubro de 2022
Retomamos o Magosto!
Ola pingüíns!
Recórdovos que este venres se o tempo nos acompaña temos FESTA!!!!
Pero como non é así queda aprazado! Sinto moito, ata novo aviso colegas!
martes, 25 de outubro de 2022
Que conto mais bo!
Ola compis!
Que tal este martes? Seguro que estades encantados e encantadas. Eu paseino moi ben e xa estou pensando en que vou poñer cando toque disfrazarnos, irei de momia? de melón asesino? Non o teño claro.
Non vos descoidedes porque o medo pódese atorar en calquera lado. Imos ver unhas fotiños deste día tan especial:
luns, 24 de outubro de 2022
24 de outubro día das bibliotecas!
sábado, 22 de outubro de 2022
Martes de medo e ilusión
Ola pingüicolegas!
Xa chega o Samaín e seguro que estades tan nervioses coma min. Ando algo preocupado porque dixéronme que en algunha escola pensan disfrazarse para asustar a veciñanza. Coidado, coidado! non vaia a ser que atopedes ao sacauntos, o gatipedro ou algún que outro monstro.
Este martes temos unha sesión no que coñeceredes todos os segredos desta data tan terrorífica. Imos ver:
mércores, 19 de outubro de 2022
Que tal ese camaleón?
Estubo xenial e pasámolo PIPA!
Seguro que queredes saber como se merca e onde conseguilo. Hai vai un pequeno vídeo:
Para os pingüilectores que non asistístedes queremos que coñezades a Leo Lionni e a súa importancia na literatura infantil. Escribiu infinidade de contos non so: Unha cor propia. Seguro que recordados este e tamén é do mesmo autor.
luns, 17 de outubro de 2022
Marte de cores e amores
Ola pekes!
Hoxe son detective e ando a procura dun conto moi espacial no que se fala das cores. Foi escrito por Leo Lionni:
Pero escribiu tantos contos que non sei cal deles pode ser:
xoves, 13 de outubro de 2022
Saída escolar pola Vía verde
Amiguiñas e amiguiños!
A excursión que fixéstedes foi super interesante seguro que estades desexando ver un pequeno resumo e recordar. Ahí vamos... Imos aló!
E agora unha mostra de como vedes o mundo a través dos vosos ollos... Graza a Ainoa e Martina pola sua contribución coas cámaras de fotos:
martes, 11 de outubro de 2022
Vacío de Anna Llenas
Ola, que tal estades?
Seguro que xenial! Hai xente que veo a biblioteca e puido gozar do libro de Anna Llenas, titulado Vacío. Se clicades na imaxe ides poder entrar na páxina da autora e poder facer unhas actividades moi interesantes.
Para quen non puido ir, non pasa nada! Podemos volver ver o conto pero tedes que estar atentas e atentos ao que pregunten. Sorte!. Clica no pingüi.
domingo, 9 de outubro de 2022
Quedamos este martes?
Ola chuchis!!!
Este martes volvemos a abrir a biblioteca. O anterior pásamelo ben pero este aínda vai ser mellor. Pensabades que non?
Xa sei que ides ir de excursión o martes. Igual me animo e vos vexo na Vía Verde entre Vilacide e Trasmonte, tedes que estar moi atentas e atentos porque andarei xogando as agachadas entre os carballos, castiñeiros e pinos.
ABRIDE BEN OS OLLOS E AS ORELLAS!!! A VER QUEN ME PILLA!!!
Para que vaiades abrindo boca déixovos un xogo sobre as emocións. Espero que vos guste.
venres, 7 de outubro de 2022
martes, 4 de outubro de 2022
Henry papa de todo!
Ola pingüicolegas!
Que ben o pasamos onte pola tarde!
O libro que lemos foi moi interesante e quedamos pampas e pampos co que podía chegar a tragar o protagonista da historia. Non todo o mundo consegue abrir así a boca.
Pero hai un animal que ten a boca tan enorme como Henry, sábedes cal é?
Pista: vive no mar e na escuridade máis profunda. Clica e saberás...
luns, 3 de outubro de 2022
O increíble Neno devorador de libros de Oliver Jeffers
domingo, 2 de outubro de 2022
Un novo ano, unha nova etapa!
Queridas e queridos pinngüilectores!
Retomamos a pingüibiblioteca un ano máis, por fin sen mascaras e con liberdade de unión. Estou feliz!!!!
Este martes 4 de outubro comezamos coas actividades na biblioteca da sede en Vilarromariz. Estades convidadas e convidados. Non faltedes ímolo pasar XENIALLLLLL!!!.
Moitos pingüibikos!!!