Amosando publicacións coa etiqueta ISABEL BLANCO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ISABEL BLANCO. Amosar todas as publicacións

domingo, 9 de febreiro de 2025

Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia.

 Ola pingüinventor@s!

O día 11 de febreiro conmemoramos o papel clave que desenvolven as mulleres na comunidade científica e na tecnoloxía.

Moitas veces o papel feito polas mulleres é esquecido ou atribuido a outras persoas habitualmente de xénero masculino. E para resaltar a importancia de ser unha sociedade inclusiva imos a ver varias persoas importantes neste campo. 

Unha delas é paleontóloga e chámase: Ella Al-Shamahi. Queredes saber máis sobre ela? So tedes que acudir a biblioteca. Ides descubrir moitas sorpresas e faremos algunha experiencia interesante.




Convídovos a visitar a canle de Carmen: https://www.youtube.com/@cienciaconcarmen2825/videos














mércores, 3 de abril de 2024

Ole o arte galego!

 Ola artistas!

Xa vin polo meu buraco o ben que o pasástedes na Pingüibiblio. Está claro que o mundo da arte é un tema moi interesante para vós. E como non para min tamén. 

Podesdes mercar ou coller en empresto o seguinte libro:

Clicade na imaxe

Está escrito por Isabel Blanco. Ten grandes obras e tamén unha adicada as mulleres na ciencia.