xoves, 21 de decembro de 2017

BOAS VACACIÓNS DE NADAL!

Meus Pingüi adict@s!!!

Desexo que teñades unhas boas festas e que a volta sigamos así de ben.

Moitos pingüibikos!!!

Martiño e as ganas de mexar...

Ola precios@s!

Polo que vin por un buratiño este libro xa era coñecido por moitas e moitos nen@s do CRA.


Foi escrito por Chema Heras e ilustrado por Kiko Dasilva (podedes acceder o blogue do ilustrador premendo sobre a imaxe):


Este conto de Nadal é moi coñecido e a todo o mundo entusiasma. Para que o recordemos ahí vai un enlace de youtube:




domingo, 17 de decembro de 2017

O último martes do trimestre!

Amiguiñ@s non me podedes faiar!!!

Xa remata este primeiro trimestre e temos que facelo cunha gran festa na biblioteca.

O conto que vai aparecer é totalmente navideño e ademais un clásico que algunha e algún lle soará. Pero sempre está ben recordar vellos tempos, non?

Espero que sexades moi boas e moi bos, porque pronto chegarán polas portas persoas que traen agasallos. Xa sabedes que o que non faga as cousas o xeito queda sen nada ou con unha chea de carbón para facer churrasco.

Deixo na página do CRA as recomendacións para ler nestas datas, pedide algún conto, cd de música, dvd de películas, tarxeta de descarga musical, bibliográfica ou audiovisual... que non todo vai ser morriñada.

Para ir abrindo boca vou poñer un pequeno video dun ser típico de Galicia, que agasalla a quen ten chea a barriga. Sabades quen é: O APALPADOR!!!


mércores, 13 de decembro de 2017

Lorenzo e as panxoliñas de nadal

Ola colegas!!!

Como ben sabedes o martes fumos a biblio darlle duro a lectura.

Para máis sorpresa, houbo dous contos diferentes.

O primeiro deles chegou as miñas mans por casualidade. O orixe é unha biblioteca pública que se atopa en Santiago de Compostela e chámase Anxel Casal. Tedes que visitala é enorme e ten cousas maravillosas.  Pero se é moi lonxe, no propio Concello temos unha fabulosa. A Biblioteca Municipal, que está ubicada xusto no Centro Cultural Fernando Casas de Novoa. (clicade nos nomes e veredes).

Como ía dicindo, este libro tan espacial chámase: Pepper e Poe. Está escrito e ilustrado por Frann Preston - Gannon. Aquí queda unha pequena curta:


Despois seguimos co conto: O cazo de Lourenzo. Onde vimos que a vida non é fácil para todo o mundo, pero si podemos dar unha man a quen o precisa facilitarémoslla un pouco. Este libro foi escrito por Isabelle Carrier. Rememoramos o día adicado as persoas con discapacidade.

O final da sesión, decidimos adicar o Nadal un tempo e participamos no baile. Para chegar as paxoliñas fixémolo mediante os códigos QR do noso cancioneiro. Moi ben o pasamos. Podes descargar dito material na página web da escola. (Na sección de biblioteca ide a recomendacións).





luns, 11 de decembro de 2017

Estou esperando que cheguedes...

Ola bonitiñ@s!!!

Estou desexando que veñades este martes a biblioteca. Teño un novo amigo, a que non adiviñades o seu nome?...

PISTA!!! Comeza por L e acaba por O...

Difícil? REPISTA... É o nome co que chamamos o Sol cando sae. AAA!!!

REQUETEPISTA!!! Manuel María, o gran escritor, escribeu ese nome.  Agora podedes buscado por internet e averígualo. Que chinch@n son!!!

Pois este novo amigo é moi espacial. O seu conto está adicado o que sucedeu o 3 de decembro. Foi o día internacional das persoas con discapacidade. 

Deixovos unha canción para bailar e desfrutar, que todas e todos celebremos este maravilloso día: 


" Eliminemos as barreiras físicas e culturais, construamos sociedades resilientes e procuremos oportunidades que verdadeiramente non deixen a ninguén atrás" Antonio Guterres, Secretario Xeral da ONU.


xoves, 7 de decembro de 2017

Saída a Santiago

Ola pingüiadmirador@s!!!

O outro día xa vos avisei da excursión que tiñades a Santiago e según un paxariño amigo meu seica vístedes cousas moi interesantes.

Contoume que o primeiro sitio que visitarades foi o Conservatorio Histórico de Santiago e que alí desfrutástedes dun concerto titulado "Mais que notiñas". Seica había intsrumentos como o piano, a batería, o violonchelo... 

Ata bailástedes un montón. Canto me aledo.



Despois segundo teño entendido, chegástedes ata a Catedral, que envexa!



Máis tarde, acudístides a ver unha gran exposición sobre  Millares, Chillida... Que obras más fabulosas e interesantes. Tedes que convencer as mamás, papás, avoas, avos... a volver a ir a vela. Así tamén lle ides poder explicar todo o que aprendístedes.




Recordade!! Se querelles ver as fotos da excursión so tedes que clicar  no menú onde pon as nosas fotos.

Vai galiña más particular

Ola churras!!!

O martes na biblioteca despois de vir da excursión, vimos un conto moi particular. Era dunha galiña que cometeu un erro moi grave e para librarse, coa axuda dun amiguete, decidiu disfrazarse de mil e unha cousas.

Admiramos moito as ilustración, gustaron!.

O conto chamábase "A gallina churra".

Foi escrito e ilustrado por Xan López Rodríguez.  Un gran escritor galego amante da banda deseñada, é recoñecido en toda España e tamén no extranxeiro.



Xa vedes o ben que o pasamos e que gallinas tan especiais decoramos:


luns, 4 de decembro de 2017

Vaia balbordo temos na biblioteca!

Preciso urxentemente AXUDA!!!

Na biblioteca temos un problemón e que unha galiña anda descoidada e vaia lío formou!!

Non sei en que está pensando, seguro que anda coa cabeza xa no nadal.

Senón vindes ides perder unha boa historia.

As gallinas sempre andan coa cabeza noutro lugar:







venres, 1 de decembro de 2017

Saída escolar o 5 de decembro.


Ola pingüiamig@s!

O 5 de decembro lembrade que tedes excursión. Xa me enterei de que ides ver un espectáculo musical e unha exposición moi interesante. 

Clicade no logo do Cra para ver o aviso na páxina web do centro: