Ola churris!!!
Xa me decatei do moito que atendéstedes o conto proposto para a tarde do martes.
Recordades?... Chamábase: O principio.
No vídeo saía a sua autora, o seu nome era...
Siii! Paula Carballeira, unha estupenda artistaza galega experta en contar maravillosas historias.
Queredes ver un?
A ilustradora do conto é Sonja Danowki a cal traballa en Alemaña tanto ilustrando contos, como revistas ou caixas promocionais. Gañadora de varios premios internacionais.
Tamén vin que fixéstedes un estupendo xoguete, espero que desfrutarades moito con el.

