mércores, 28 de febreiro de 2024

Roma e as súas curiosidades

Roma é un mundo por descubrir e vós mesmas e mesmos o vístedes na biblioteca. Coñecéstedes a Marte, o deus da guerra, o seu símbolo, o día da semana que ten...





Eu tamén me fixei colega dun romano que me vai ir contando cousiñas que eu vos irei dando a coñecer. Os recados mandareinos polas mestras e mestres das escolas. Xa sabedes que me gusta ler e descansar na Pingüibiblio, ser o ser da sabiduría. É a miña labor.


Para que poidades visitar bibliotecas virtuais onde poder profundizar máis os vosos saberes déixovos un enlace a un padlet para poder seguir coa investigación:

Clica no Pingüichocolateado!






luns, 26 de febreiro de 2024

Proyecto: Pingüix!

 Ola nenas e nenos,

Teño unhas mestras moi chivatas que me avisaron que estades a coñecer o mundo romano. Paréceme un proyecto fantástico de investigación. Xa sabedes que nas bibliotecas de cada escola e na de Vilarromarís, onde eu vivo tedes mil e un recursos para seguir pescudando.

A min encántame o mundo antigo de Roma, xa vin que no entroido comezástedes a mergullarmos nas súas costumes. Aquí vos deixo un pequeno vídeo que fixes con inteligencia artificial. Espero que vós guste, colegas!



venres, 23 de febreiro de 2024

Caldo Gloria no CRA de Oroso

 AI, LERCHES!!!

Xa me enteré que para celebrar o día de Rosalía de Castro fixéstedes un Caldo de Gloria basándonos nos libros: 

Podedes clicar nos libros.









martes, 20 de febreiro de 2024

Martes Rosaliano

 Este martes adicamos as experiencias de animación a lectura centrándonos en Rosalía De Castro.

A súa vida foi interesante, a obra un descubrimiento, o seu pensar un arrolo, as súas creacións un refluxo de sentimentos...

Queremos darmos unha serie de libros para que poidades seguir profundizando no mundo rosaliano:










luns, 19 de febreiro de 2024

Semana de Rosalía de Castro

Ola pingüilectores!

Como seguro xa sabedes esta semana imos a  homenaxear a unha das nosas escritoras galegas mais querida: Rosalía de Castro. (clica no seu nome para saber máis).


Rosalía deiuxou un grande legado a cultura galega e posteriormente influenciou a moitas escritoras e escritores. Hoxe en día podedes conocer máis sobre a súa herdanza visitando: A Casa Museo Rosalía De Castro.

Clica na imaxe

Para recordar algunha obra... 















sábado, 10 de febreiro de 2024

Entroido 2024 no CRA de Oroso. A lexión pingüiromana!

No CRA DE OROSO  mostramos o mundo o valor e a diferenza da nosa escola!


Celebremos o Entroido ao estilo do Imperio Romano! 🎉🏛️


Benvidos e benvidas a unha viaxe ao pasado glorioso de Roma! 🌟 Este ano, as escolas Vilacide, Senra, Trasmonte e Deixebre uníronse para ofrecer un espectáculo único que che transportará á época das valentes soldadas romanas e soldados romanos eantiga Roma. 🛡️👑


🏟️ No noso festival de entroido, a cativada transformouse en auténticos soldados e soldadas romanos, para traerche unha representación chea de vitalidade e positividade sobre a vida na antiga Roma. Desde os seus costumes e formas de goberno ata a diversión e entretemento da época, todo foi coidadosamente recreado para o teu goce!


🤺 Pero iso non é todo, ao final da actuación, vivirás unha emocionante loita entre o pobo galo, representado polo noso querido profesorado, e os nosos valentes alumnos e alumnas romanos. Con todo, como un verdadeiro reflexo dos ideais de amizade e paz que valoraban en Roma, a batalla resolverase cun tratado de paz, onde ámbolos dous pobos deciden unirse como amigos e amigas. 💞🤝


Non te perdas esta experiencia única e emocionante para toda a familia! Únete a nós e se testemuña da maxia do Entroido ao estilo romano. 🥳 Esperámosche cos brazos abertos no noso centro escolar para vivir xuntos e xuntas este inesquecible viaxe no tempo! 🎭✨


Para velo so tes que acudir a nosa páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/craoroso/


martes, 6 de febreiro de 2024

Xenerais da Ulla

Grazas a un exalumno da escola e a súa familia puidemos ver e coñecer de preto como é a vestimenta dos Xenerais da Ulla e a súa tradición. Moitas grazas por compartirlo. Tamén relemos o libro de Pepe Carreiro: