luns, 21 de novembro de 2022
Martes de quedada
Ola bonic@s!
Queredes quedar este martes? seguro que SIIIII!
Estou desexando vervos!
Imos coñecer un conto moi bonito que fala de arcos. Xa sábeles que temos muitos tipos de arcos: das pontes, das portas das casas, nas construccións, o arco da vella...
Pero agora tócache asistir a biblioteca se queres saber de que arco se trata, asi que ollo ao piollo!!!
Por certo, un colega meu costume que tedes arcos Waldorf na vos escola. Deixo unhas ideas para que o intentedes... Moito animo!!!
Semana do 25 - N Contra a violencia de Xénero
Ola amigas e amigos!
Esta semana dedicaremos tempo e espazo a este tema tan importante na Nosa sociedade. Estade atentas e atentos as novidades que as mestras vos van a dar a coñecer nas aulas. Ademais faremos unha saída o mércores 23 de novembro a Sigüeiro onde asistiremos ao espectáculo musical de Jara Ortiz “Lúa triangular”.
Aquí vai unha proba:
martes, 8 de novembro de 2022
A casa do rato Renato na Pingüibiblio
luns, 7 de novembro de 2022
A casa do Rato Renato
xoves, 27 de outubro de 2022
Recomendacións lectoras para o Samaín
mércores, 26 de outubro de 2022
Retomamos o Magosto!
Ola pingüíns!
Recórdovos que este venres se o tempo nos acompaña temos FESTA!!!!
Pero como non é así queda aprazado! Sinto moito, ata novo aviso colegas!
martes, 25 de outubro de 2022
Que conto mais bo!
Ola compis!
Que tal este martes? Seguro que estades encantados e encantadas. Eu paseino moi ben e xa estou pensando en que vou poñer cando toque disfrazarnos, irei de momia? de melón asesino? Non o teño claro.
Non vos descoidedes porque o medo pódese atorar en calquera lado. Imos ver unhas fotiños deste día tan especial:
luns, 24 de outubro de 2022
24 de outubro día das bibliotecas!
sábado, 22 de outubro de 2022
Martes de medo e ilusión
Ola pingüicolegas!
Xa chega o Samaín e seguro que estades tan nervioses coma min. Ando algo preocupado porque dixéronme que en algunha escola pensan disfrazarse para asustar a veciñanza. Coidado, coidado! non vaia a ser que atopedes ao sacauntos, o gatipedro ou algún que outro monstro.
Este martes temos unha sesión no que coñeceredes todos os segredos desta data tan terrorífica. Imos ver:
mércores, 19 de outubro de 2022
Que tal ese camaleón?
Estubo xenial e pasámolo PIPA!
Seguro que queredes saber como se merca e onde conseguilo. Hai vai un pequeno vídeo:
Para os pingüilectores que non asistístedes queremos que coñezades a Leo Lionni e a súa importancia na literatura infantil. Escribiu infinidade de contos non so: Unha cor propia. Seguro que recordados este e tamén é do mesmo autor.
luns, 17 de outubro de 2022
Marte de cores e amores
Ola pekes!
Hoxe son detective e ando a procura dun conto moi espacial no que se fala das cores. Foi escrito por Leo Lionni:
Pero escribiu tantos contos que non sei cal deles pode ser:
xoves, 13 de outubro de 2022
Saída escolar pola Vía verde
Amiguiñas e amiguiños!
A excursión que fixéstedes foi super interesante seguro que estades desexando ver un pequeno resumo e recordar. Ahí vamos... Imos aló!
E agora unha mostra de como vedes o mundo a través dos vosos ollos... Graza a Ainoa e Martina pola sua contribución coas cámaras de fotos:
martes, 11 de outubro de 2022
Vacío de Anna Llenas
Ola, que tal estades?
Seguro que xenial! Hai xente que veo a biblioteca e puido gozar do libro de Anna Llenas, titulado Vacío. Se clicades na imaxe ides poder entrar na páxina da autora e poder facer unhas actividades moi interesantes.
Para quen non puido ir, non pasa nada! Podemos volver ver o conto pero tedes que estar atentas e atentos ao que pregunten. Sorte!. Clica no pingüi.
domingo, 9 de outubro de 2022
Quedamos este martes?
Ola chuchis!!!
Este martes volvemos a abrir a biblioteca. O anterior pásamelo ben pero este aínda vai ser mellor. Pensabades que non?
Xa sei que ides ir de excursión o martes. Igual me animo e vos vexo na Vía Verde entre Vilacide e Trasmonte, tedes que estar moi atentas e atentos porque andarei xogando as agachadas entre os carballos, castiñeiros e pinos.
ABRIDE BEN OS OLLOS E AS ORELLAS!!! A VER QUEN ME PILLA!!!
Para que vaiades abrindo boca déixovos un xogo sobre as emocións. Espero que vos guste.
venres, 7 de outubro de 2022
martes, 4 de outubro de 2022
Henry papa de todo!
Ola pingüicolegas!
Que ben o pasamos onte pola tarde!
O libro que lemos foi moi interesante e quedamos pampas e pampos co que podía chegar a tragar o protagonista da historia. Non todo o mundo consegue abrir así a boca.
Pero hai un animal que ten a boca tan enorme como Henry, sábedes cal é?
Pista: vive no mar e na escuridade máis profunda. Clica e saberás...
luns, 3 de outubro de 2022
O increíble Neno devorador de libros de Oliver Jeffers
domingo, 2 de outubro de 2022
Un novo ano, unha nova etapa!
Queridas e queridos pinngüilectores!
Retomamos a pingüibiblioteca un ano máis, por fin sen mascaras e con liberdade de unión. Estou feliz!!!!
Este martes 4 de outubro comezamos coas actividades na biblioteca da sede en Vilarromariz. Estades convidadas e convidados. Non faltedes ímolo pasar XENIALLLLLL!!!.
Moitos pingüibikos!!!