O vindeiro mércores 30 de abril, o alumnado do CRA de Oroso gozará da obra "E entón, un xardín", no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.
Unha comedia colorista e vitalista da compañía Paporrubio, escrita e dirixida por María Peinado, interpretada por Luchi Iglesias e acompañada pola música en vivo de Carlos Quintá. Nesta historia máxica, o xardín énchese de vida para celebrármonos coa natureza, reivindicar os seus dereitos e lembrar a importancia de latexar xuntos co noso mundo natural.
Un espectáculo cheo de marionetas, obxectos, imaxes poéticas e moita imaxinación que esperta valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto.
Xa chega o mes de maio e nestas datas tan queridas estamos a punto de celebrar unha festa moi especial: OS MAIOS.
É unha festa popular de orixes ancestrais. Esta celebración primaveral adóitase celebrar o 1 de maio. Antigamente eran ritos relacionados coa primavera árbores, que se foron perdendo co paso do tempo. Pero aínda a así na nosa terra aínda se conservan festividades relacionadas.
Achegamos o calendario de sesións formativas E‑LBE.2
Formación para docentes e familias da plataforma de préstamo dixital E‑LBE.2, á que o voso centro ten acceso grazas ao Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares.
Calendario de sesións
– Para docentes:
5 de maio, 17:00h – “Xestión de colecións e edición de préstamos”
12 de maio, 17:00h – “Estratexias de fomento da lectura dixital”
19 de maio, 17:00h – “Integración de E‑LBE.2 en proxectos curriculares”
– Para familias (imprescindible anotarse vía web, para solicitar os enlaces dirixídivos a coordinadora da Pingüibiblio):
8 de maio, 18:00h – “Como acompañar ao neno ou nena na lectoescritura dixital”
15 de maio, 18:00h – “Recursos dixitais para a lectura en familia”
Esta información a todo o claustro e ás familias do alumnado do CRA de Oroso.
Para acceder á formación de familias, as familias deben contactar co CRA de Oroso (coordinadora da biblioteca) e recibirán o enlace de inscrición.
Neste Ano do Libro 2025, lembramos que a lectura é unha ferramenta esencial para o desenvolvemento persoal e académico: fomenta a imaxinación, a reflexión e a aprendizaxe constante. Aproveita estas sesións para potenciar o mundo lector.
"Ler é comprender. O acto de ler é entendemento. Ler e comprender é vivir." — Álvaro Pombo
Hoxe celebramos moito máis ca un día calquera. Celebramos o poder dos libros para abrir portas, sementar comprensión e facer medrar vidas máis ricas e libres.
O cartel oficial, creado por Pep Montserrat, Premio Nacional de Ilustración 2024, inspírase nesa idea: o libro como porta aberta a mil mundos. Como no noso CRA, onde cada páxina lida é un camiño de ida e volta entre imaxinación e realidade.
Dende o corazón das nosas escolas rurais, convidamos a toda a comunidade —nenas, nenos, familias, mestres e amizades— a facer do libro un compañeiro/compañeira de vida. Que nos axude a sentir, pensar, rir e descubrir. Porque un libro no peto é ledicia no peito.
Durante esta semana, viviremos o espírito da #SemanaCantareira cunha presentación moi especial: “Cantigas de lectura para un día con doce altura”, onde xogaremos coas palabras, cantaremos consellos lectores e celebraremos que ler... é tamén vivir!
Non esquezades o 23 de abril é o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, unha data chea de historia e simbolismo, elixida pola UNESCO para lembrar a importancia da lectura, dos autores e da creación literaria.
Así que... hoxe e sempre:
Lede, sentide, compartide. A lectura é unha festa e todos e todas estamos convidados e convidadas!
Este conto tan especial foi escrito por Lynne Rickards. Esta autora nace en Canada e agora vive en Escocia coa súa familia. Escribe un sinfín de contos e libros maravillosos que che invito a coñecer:
Seguro que xa sabedes que chega as nosas portas a semana do libro! Como o poderíades esquecer?
Esta semana escolar imos celebralo por todo o alto para o cal na volta a pingüibiblio coñecermos dous contos moi especiais:
Seguro que algún xa coñecedes e senón é así so tedes que acudir.
Clica na imaxe
Pero recordades porque se celebras neste día? Pois escolleron esta data porque foi cando morreron escritores tan impostantes como Miguel de Cervantes ou William Shakespeare.
Miguel de Cervantes escribeu un libro moi importante e mundialmente coñecico titulado: Don Quixote da Mancha. Queredes ver a súa historia?
Este martes a sorte estivo da nosa parte e GatoCan de Coirós mostrounos outra realidade que temos diante das narices e que non vemos. A necesidade de coidar e tratar con respecto os animais. Que non son un xoguete e que forman parte da nosa vida cotiá.
Podedes visitar a súa páxina web: https://www.gatocan.com/ ; e saber máis sobre a súa iniciativa de vida.
Grazas as familias pola súa colaboración e por apoiarnos nesta iniciativa.
A diversidade como motor educativo . Esta semana, o profesorado do CRA de Oroso tivemos o privilexio de participar nunha sesión formativa, a cargo da especialista Lidia Gómez Boga, dentro do noso plan de formación no centro: “A diversidade aplicada á aula a través dos Polos Creativos”.
Durante a sesión, mergullámonos nas bases do modelo DUA (Deseño Universal para a Aprendizaxe), descubrindo como as intelixencias múltiples poden transformar a forma de ensinar e aprender.
Reflexionamos sobre a realidade das nosas aulas: atención á diversidade, dificultades específicas, alumnado con dificultades, integración… e sobre todo, como crear espazos inclusivos e creativos onde cada neno e nena poida brilar
Grazas tamén ao noso representante do CAFI, Sergio, polo seu apoio constante e acompañamento neste proceso formativo tan enriquecedor.
Foi unha tarde chea de aprendizaxes reais, útiles e inspiradoras, que xa estamos desexando aplicar nas nosas aulas!
Como especie animal que son estou sempre feliz de colaborar con todas as iniciativas que se propoñan para o coidado e o respecto de todas as especies.
O día 4 de abril celebrouse o día internacional dos animais sen fogar e como entidade colaboradora e sensible con esta temática queríamos aportar o noso gran de area.
Actualmente hai moitos animais abandoados e que non teñen un fogar estable no que vivir. Dende o CRA queremos colaborar e dar visibilidade a esta realidade.
Se queredes integravos nesta iniciativa so tedes que aportar o que poidades e vir a pingüibiblio o vindeiro día 8 de abril. Ímolo pasar ganuto e cantuno!
Agora imos ver un conto sobre uns animais que non eran moi ben tratados no seu fogar:
Este xoves 3 de abril, unha Food Truck moi especial visitará as nosas escolas para ensinarnos todo sobre os produtos do mar: como se toman, como debemos consumilos e por que son tan importantes para a nosa alimentación.
As familias tamén están convidadas a gozar e saborear estes deliciosos manxares. Unha oportunidade única para aprender e degustar xuntos e xuntas!
Esta actividade forma parte dun programa da Xunta de Galicia que promove o consumo responsable e saudable dos produtos do mar: Galicia sabe a mar. Para máis información: https://galiciasabeamar.gal/
Neste martes tan espectacular fixemos un bo lote de xogos e coñecimos dous contos maravillosos.
O primeiro deles foi: DEDÍN, DEDÍN DE PEQUENEQUÍN da editora Edicións do Castro coa que colaborou Isaac Díaz Pardo. Este libro foi feito a partir dun proxecto de animación a lectura impartido por Federico Martín Nebras. Nel recollen unha serie de cantigas, ditos, adiviñas... do folclore popular tanto en galego como en castelão.
O segundo é: Rimas da editora Everest. Son textos populares ilustrados por Piton (José Luis Rivera Campo). Aparecen recitados e rimas populares.
Seguro que algunha ou algún xa sabe que o día 1 de Abril conmemoramos: O día das Artes. E ese día recordamos a unha persoa moi importante: Isaac Díaz Pardo.
Isaac foi unha persoa moi polifacética e é que adicaba o seun tempo a facer moitísimas cousas diferentes: escriba, pintaba, creaba piezas cerámicas... Pero sobretodo loitaba pola súa terra: Galicia.
Este martes tamén imos coñecer un arte moi importante: o arte lúdico. Os xogos populares galegos. Con dous libros min interesantes que recollen diferentes cantigas, rimas, cancións... E por suposto, tamén imos a experimentar con diversos xogos.
Para ir abrindo dente... podedes xogar algo na Pantalla Dixital Interactiva:
O oso e o corvo de Monika Klose e André da Loba (OQO editora), Corvo de Leo Timmers (Algar editorial), Charlie the crow de Elly Gedye - Zoe Ellison - Diana Rodriguez, La zorra y el cuervo de Enric Valos e Dani Cruz, Evaristo un corvo moi listo de Manolo Uhía (Everest Galicia), Mister Corvo de Luise Morandeira e Maurizio A. C. Quatello (OQO editora), Primer Frutal (HABA), ¡Tira al cuervo!.
Que conto tan bonito e que maneira tan estupenda de facer amigas e amigos!
Este martes coñecimos o conto:
Este libro foi escrito e ilustrado por Leo Timmers. É un escritor e ilustrador belga de libros infantis. Comezou a crear banda diseñada con 8 anos e despois publicou un deles anos despois. Decidiu estudar deseño. Ten moitísimos libros publicados, como por exemplo:
Queres ver un conto de outro corvo?
Aquí tedes un documento con recomendacións lectoras sobre corvos:
Xa sabedes que este martes vai a ser moi diferente. A nosa biblioteca sufren un percance moi gordo e é que nos voou o tellado polo tanto non podemos realizar ningún tipo de actividade alí. Pero non desesperedes porque grazas ao Concello de Oroso temos nova ubicación.
Quedamos no centro sociocultural Fernando Casas e Novoa, na planta baixa do centro, na aula multiusos, no mesmo horario, de 4:30 a 5:30. Ímolo pasar moi ben!!
Sabedes unha cousa?
Que alí ides coñecer un corvo moi especial. Non sabedes o que é un corvo?
Pois este martes imos coñecer un moi especial.
Sabedes que os corvos poden chegar a imitar as persoas falando?
Queres saber máis sobre eles? Pois ven este martes a Pingüibiblio contamos contigo!
ante o incidente ocorrido na madrugada de hoxe coa cuberta da Sede do CRA (Valverde-Vilarromaris), vémonos obrigados a trasladar temporalmente as actividades de biblioteca a unha nova ubicación.
A partires de agora, estas actividades, levaranse a cabo no centro sociocultural Fernando Casas e Novoa, na planta baixa do centro, na aula multiusos, no mesmo horario, de 4:30 a 5:30, seguindo a mesma organización que ata o de agora.
Grazas ao Concello de Oroso pola rápida resposta e pola cesión de espazos para poder levar a cabo as nosas actividades mentres se repara a cuberta.
En canto poidamos volveremos a retomar a ubicación habitual.
Na pingüibiblio vimos o que son as novas e a importancia na vida da xente. Pero iso non foi o máis interesante... Ata nos fixemos xornalistas e creamos o noso propio xornal. Veredes que chulada:
Imos a coñecer o mundo da prensa e os medios de comunicación. Estades preparados e preparadas?
Xa sabemos que todo o mundo ten acceso aos xornais, internet, a television... pero sabedes cando algo é certo ou non?
Por que non sei se o sabedes pero as veces as novas que publican non son de todo certas e chámalle fake news. Hai que ter coidado non todo o que vemos é verdade. Mirade a seguinte nova:
Pensades que será verdade? So hai unha forma de sabelo e é contrastando a verdade. Preguntade e veredes se é certo ou non.
As profes Natalia e Sandra animáronos un montón e contaron unha historia maravillosa.
Este libro foi escrito por Bea Taboada unha escritora zaragozana que saltou o mundo dos libros infantís grazas as súas visitas as librarías cos seus fillos.
O seu ilustrador é Dani Padrónestudou Arquitectura na Escola Técnica Superior da Coruña. Tras un breve contacto cos mundos da caricatura e da banda deseñada, nos que gañou algún premio, inicia o seu percorrido na ilustración infantil e xuvenil no ano 2011 co premio de ilustración Pura e Dora Vázquez. Dende entón publicou varios libros e participou en exposicións colectivas.