mércores, 28 de novembro de 2018

ERIKA

Ola ourizos cachos!

Que tal este martes na biblioteca?.

Xa vin que seguides lendo moito e aprendedes a utilizar a nosa pingüibiblio. Polo que observei contaron un conto moi entretido chamado: Erika. No soy perfecta.

Este libro foi escrito por Alfonso Bañeres e ilustrado por Alfredo Piedrafita. Vemos un mensaxe a favor da autoestima e a importancia do coidado dos animais. Abandoalos por que non sexan "perfectos", non é a solución.

Por unha casualidade da vida tamén atopei outra historia moi especial. O seu protagonista é  NATURIZO. Son unha colección de contos sobre un ourizo cacho que vive por Ourense. En cada un aparecen outros personaxes moi interesantes que tentan coidar o seu medio e divirtense nas festas tradicionais. Gustaríavos coñecelo?. Clicade en NATURIZO:


Non perdades a súa canción!

Os seus autores son: Alba De Evan Freijedo e Javier Domínguez Pérez.

Tamén ten unha conta de Instagram, coma nós: https://www.instagram.com/explore/tags/naturizo/




martes, 27 de novembro de 2018

Radio na escola

Ola pingüi radiofónicos!

Hoxe veunos visitar a Radio Galega e fíxonos unha entrevista para o programa Galicia por Diante. Quique entrevistou ao alumnado o mostrounos como é unha radio. Grazas! Queredes escoitalo?

Saída escolar

Ola amigas e amigos:

O outro día entrou pola fiestra da biblioteca unha folla de cor violeta e con círculos negros. Parecida a esta: 

Cal foi a miña sorpresa, que resulta que tiña boca e falaba coma un loro.

Contoume que as nenas e nenos do CRA de Oroso ían de excursión a Sigüeiro. Que visitástedes un montón de lugares.

Primeiro o CEIP de Sigüeiro onde houbo unha actuación de Martiña Soñadora. Sábela King e Carlos Gil Fandiño deron un concerto fantástico onde puidestes cantar e gozar de diferentes ritmos musicais. A folla díxome que o Concello de Oroso trouxo esta opción musical.

Despois vístedes actuar as nenas e nenos mariores do IES de Oroso. Vaia baile se marcaron! Que ben o fixeron!. Houbo un manifesto fantástico sobre a importancia de previr a violencia de xénero. Todas e todos en negro!. Os comerciantes locais tamén colaboraron co peche dos seus negocios. 




E para remate da xornada coñecístedes as carteiras e carteiros do Concello. Amosaron a sua labor e como as cartas chegan aos nosos fogares. Grazas!

Para recordar aquí sedes un pequeno vídeo:




luns, 26 de novembro de 2018

Martes de outono.

Fixástesvos de que cada vez faltan máis follas?

Sentístedes o frío e a choiva?

Cada vez o outono corre máis e imos chegando ao inverno. Parece mentira pero xa o Nadal está petando na porta da escola.

Que tal ese comportamento?. Espero que sexa excelente senón xa sabedes carbón e castañas...

Este martes imos seguir falando desta maravillosa estación e dun animaliño moi picudo que se fan bola e corre polo monte, sobretodo de noite.

Sabedes que é? Non son eu, i, i, i...

Xogade e descubride. Tedes que dicir tres posibles solucións e despois darlle o botón para resolver. Quen acertaría?





xoves, 22 de novembro de 2018

Traballamos a saúde!

Ola pingüisaudables:

Que tal estades? 

Xa me enterei que polas escolas pasou a visitarvos o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña. Mandaron a Ana, unha profesional no tema que explicou moitas cousiñas interesantes. Ollade!


RECORDAR...

Ola chicas e chicos:

Recordade que seguimos publicando na nosa conta de Instagram recomendacións lectoras e outras novidades. Estade atentas e atentos.

Clicade en min!

mércores, 21 de novembro de 2018

Monstro Rosa

Ola monstr@s!

Unha tarde máis reunímonos na pingüibiblio. Este martes vimos un conto feito por Olga de Dios. Esta muller escribe e ilustra libros infantís. Hai historias tan maravillosas como:

   
Tedes todos estes contos e máis na página web da autora.

Foi unha tarde maravillosa onde vimos como a cor é algo fundamental na vida de tódolos seres. A liberdade de escoller e elixir. Na diversidade está a riqueza.

  

Aquí queda un pequeno vídeo:



luns, 19 de novembro de 2018

Martes contra a violencia

Ola chuchis!

Preparadas e preparados para outro martes lector?.

Vinde con tino que na biblioteca teño un monstro agachado. Agarda que cheguedes para asustar e impresionar. 

Píca a curiosidade?. Deixo un vídeo para ir metendo dente:


Semana contra a violencia de xénero

Ola meus pingüicolegiñas!

Quero recordarvos que esta semana conmemoranse varias cousas. Temos o día universal das nenas e nenos (20 de novembro) e o día internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro).

Nas escolas imos celebrar estas datas e a pingüibiblioteca vai propor distintos libros para profundizar en ámbolos dous temas. 

Recordade que para saber máis do asunto imos ver unha actuación, subvencionada e proposta polo Concello de Oroso.

Preparádevos compis!


https://ennegrocontraasviolencias.gal

mércores, 14 de novembro de 2018

O martes dos alimentos

Ola fenómenos:

Na biblioteca falamos sobre os alimentos e o importantes que son para a nosa saúde. Decatámonos de que o deporte é tamén moi. 

Esta tarde limos dous contos. O primeiro deles titúlase: 



Este libro foi escrito por Davide Calí e ilustrado por Evelyn Daviddi. 

Neste relato primeiro notamos como as nosas babas caían no Chan. Menuda envexa! Pero despois decatámonos que non todo nesta vida e comer larpeiradas. Provocan máis mal que beneficios a nosa vida. Todo na súa xusta medida.

A continuación, cambiamos e gozamos dun conto titulado: 



Debacámonos de que non todo o mundo ten que ser como querer os demais, pero tamén do importante é seguir ao corazón.

Este libro foi escrito e ilustrado por Ayesha L. Rubio.

Pero non so fixemos iso. Tamén xogamos, a que?. Pois a un bingo de alimentos, atopámolo na seguinte páxina: (clica na foto)


Se queres xogar... 



luns, 12 de novembro de 2018

Martes de conto e mércores de magosto

Ola pingüicolegas!

Este martes temos un gran día por diante. Quero que veñades visitarme e poidamos adentrarnos no mundo das letras. Xa sabedes que na nosa biblioteca é un lugar de libros por ler e coñecer. Precisares facelo para alimentar a vos cabeciña. Pero... como colaborades para dar de comer o voso corpo?

Imos falar dun aspecto tan importante como a alimentación. Seguro que nas escolas as mestras e mestre falan a miúdo deste tema. 

Esta semana hai varios días que conmemoran temáticas importantes deste campo: o día mundial contra a obesidade (clicade) e o día mundial da diabete. 

Seguro que queredes saber que é a diabete. Aquí queda un pequeno vídeo, espero que vos axude: 


Magostoooo????

Ola castañeiras e castañeiros:

Seguro que xa estades desexando que chegue este día. Eu tamén!!!

Castañas, chourizo, pan... Este mércores, 14 de novembro esperamos que por fin se celebre. Conto con todas e todos?

Espero que salga Lourenzo e a choiva descanse. 

Queredes escoitar unha canción sobre a festa?. Pulsade no título:




Non chas quero, non chas quero
castañas do teu magosto.
Non chas quero, non chas quero
que me cheiran a chamosco.
A castaña no ourizo
quixo rir e rabeou
caeu do castaño abaixo
iso foi o que gañou.
A castaña no ourizo
eu ben che sei o que fai
se está verde madura
e se está madura cae.


mércores, 7 de novembro de 2018

O que pode dar de si un reloxo...

Ola peques!!!

Este martes fumos moi pouca xente na Pingüibiblio. Foi unha pena pero o temporal xogou na nosa contra. Pero aínda que eramos poucos e poucas pasamolo moi ben.

Lemos un conto superinteresante chamado: Só un reloxo.



Este libro foi escrito por: Roberto Aliaga. Seguro que coñecedes algúns dos seus contos, recordades cal limos? (clicade nas fotos e iredes a publicación): 

  

A sua ilustradora é: Amrei Fiedler.  Adíacase aos libros infantís dende fai tempo. Clicade sobre o nome para ver a súa página web.

Para que recordedes a importancia do reloxo aquí queda un xogo para aprender:


luns, 5 de novembro de 2018

Quedamos?

Que tal nesta ponte?

Eu fun de viaxe, xa sabedes o que me gusta. Vin moitas cousas: as follas caídas das árbores, os cogumelos que están nacendo, como as abellas, formigas, esquios... comezan a coller postura para invernar.

Percorrín toda Galiza dende a punta ata o fondo, pero non me dou tempo de velo todo. E que é moi grande e está chea de sorpresas. 

Este ano nas letras galegas temos un home que lle encantaba coñecer a nosa comunidade e as costumes desta terra. Sabedes como se chama??? AHHH!!! Sorpresa!!!. Podedes buscalo en internet ou preguntar no voso fogar. ALA! A PESCUDAR!!!

Quero recordarvos que este martes volvemos a ter cita na biblio. Espero que veñades, conto con vós. Ímolo pasar moi ben. Aínda que xa sei que paso o día do Samaín... creo que este vídeo podédelo ver. Coñecedes a estos personaxes?. Pista: son unha familia moi grande que sempre ten aventuras. Teñen un can moi listo e o seu autor é Pepe Carreiro:


Magosto!

Ola larpeiras e larpeiros:

Xa sei que estades desexando que chegue o magosto. Puxérase de data o 31 de outubro pero o tempo non foi bo. Pero agora xa temos data nova!!!

Será o 9 de novembro!. Afiade os dentes e preparade as barrigas que imos encher o papo e non quedará nada para as formigas.