domingo, 31 de decembro de 2023
venres, 22 de decembro de 2023
xoves, 21 de decembro de 2023
FESTIVAL DE NADAL!!!
Hoxe festa!!!
Gran festival de Nadal no CRA de Oroso.
Para que no Nadal poidades desfrutar da lectura aquí tedes unha pequenas pingüirecomendacións:
mércores, 20 de decembro de 2023
Tarde de gozo e festa
BO NADAL, BO NADAL
TEDE BO NADAL
DENDE O CRA DE OROSO
IMOS FELICITAR!!!
EO, EE, EO, EEEE!!!
Tarde de aventuras e bo humor!!! Que bonito foi o que fixemos, coleguiñas!
Este trimestre está rematado pero despois do Nadal agárdovos para máis aventuras.
Agora, un contiño?
luns, 18 de decembro de 2023
Remata o primeiro trimestre
Este martes imos celebrar o Nadal na Pingüibiblio e temos un montón de tarefas por diante.
Coñeceremos o que é o espíritu destas festas e como se celebra na nosa terra. Seguro que estades deseando acudir!
Despois da sesión de animación a lectura haberá un obradoiro da ANPA Reviravoltas sobre a mesma temática.
mércores, 13 de decembro de 2023
Un gran martes e un gran amigo
Ola cativada!
Xa vin que este martes coñecestes a Lourenzo. Un neno xenial cun cazo moi especial. Espero que vos fixera reflexionar un pouco sobre a vida das persoas. Cada ser humán do planeta é único e irrepetible igual que cada unha/un de vós. Nunca esquezades iso e tentemos vivir en harmonía tal e como somos.
Este libro foi escrito por Isabelle Carrier é unha escritora e ilustradora francesa que escribein sinfín de contos diferentes. Como por exemplo...
luns, 11 de decembro de 2023
Novo conto, nova diversión
Ola raparigas e raparigos:
Que tal a ponte? Supoño que de maravilla. No meu caso fun ver as luces do nadal por varios sitios de Galicia e vin moi feliz. Son maravillosas e tiñen tantas cores que me parecía que vivía dentro do arco da vella.
Xa sabedes que este martes temos de novo unha festa especial na Biblio. Sabedes por que?
Pois porque imos coñecer a un neno novo chamado Lourenzo. Non vos apetece velo e que vos conte a súa historia?
Aquí vai un pequeno adianto:
mércores, 6 de decembro de 2023
Ole, ole e ole
Que boa tarde e canto aprendimos!
Xa vin que o conto: O país dos mandóns; foi un éxito.
Recordamos quen o fixo?. Pois foi escrito por Paloma Rodríguez Vázquez e Cristina Justo Suárez e ilustrouno Spela Trobec.
Queredes velo?
martes, 5 de decembro de 2023
Ponte de decembro
luns, 4 de decembro de 2023
Constitución e Estatuto de Autonomía
Ola pingüis!
Un martes mais hai quedada na pingüibiblio!
Neste día conoceremos un país moi especial. Non ten un goberno que beneficie a todo o mundo.
No país dos mandóns uns cantos mandan sobre o resto e non permiten que as nenas, as mamás ou as avoas xoguen, saian ou traballen fóra da casa. O cambio desas normas tan inxustas para crear un novo país da igualdade conmemórase o día internacional das mulleres.
É un libro super interesante. Concedes algún lugar como este?
Imos recordar unha actuación de Ghazafelhos vista fai anos no CRA onde nos falsaban deste conto: