Amosando publicacións coa etiqueta MARGARITA DEL MAZO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MARGARITA DEL MAZO. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de abril de 2024

Grazas Erea

 🌟 Mergullámonos na maxia da lectura co conto "Carabuñas" na Pingüibiblio! 📚✨ 

A familia de Erea levounos nunha viaxe fascinante, mostrándonos como o ordinario pode transformarse en algo extraordinario. Un conto escrito por Margarita Del Mazo e ilustrado por Charlotte Pardi.

💫 Dende o escuro ata o marabilloso, descubrimos o poder da metamorfose xunto á nai Erea e o seu relato cativador. 

🌙 Neste día do libro, 23 de abril, celebramos non só a lectura, senón tamén a capacidade de cambiar e medrar compartindo experiencias. 

🌱 Acompáñanos nesta viaxe de aprendizaxe e diversión, pingüicolegas! 

🚀 #DíaDelLibro #Transformación #AprendizajeDivertido #MagiaDeLaLectura 📖🎉




mércores, 17 de outubro de 2018

Vaia banquete tan especial!!!

Este martes fumos de voda!!!

Vaia festa rachada!!!     

No conto decatámonos de que non todo é o que parece e que as apariencias poden enganarnos. O ser máis pequeno pode acadar o que desexa e ser feliz. 


Este libro foi escrito por Margarita del Mazo. É unha escritora ideal que vive no mundo dos contos. Visitade a sua páxina, merece a pena:


A ilustradora chámase Lisa Kaser.

Queredes desfrutar do conto? recordámolo? Pinchade na parella:



venres, 3 de novembro de 2017

AGHHHH!!!

Que tal pingüicolegas?

O que vos perdestes o martes!!!.  Houbo sesión de medo...

Lemos dous contos que nos encantaron. Aínda que algún xa era coñecido gustounos moito volver a recordar.

Aquí vos queda un vídeo do momento:


Tedes a información dos autor@s e ilustrador@s dos nosos contos protagonistas.

O primeiro conto foi: A min non me comas! de Margarita del Mazo e ilustrado por Vitali Konstantinov (o mesmo dos 6 barbudos, recoñecédelo?).

Na segunda ronda lemos: Tío Lobo unha adaptación de Xosé Balleretos (sabedes que é un conto popular moi coñecido en Italia e Francia?) e ilustrado por Roger Olmos.