O 8 de xuño será un día moi especial para o alumnado do CRA de Oroso. As nenas e os nenos que o vindeiro curso iniciarán unha nova etapa educativa no CEIP de Sigüeiro visitarano para coñecer de primeira man o que será o seu novo cole.
Durante a visita poderán descubrir as súas instalacións, percorrer as aulas, coñecer o comedor escolar, explorar novos espazos de aprendizaxe e, sobre todo, compartir momentos co profesorado e co alumnado que axiña se converterán nos seus compañeiros e compañeiras de aventuras.
A emoción está servida! Levan días falando desta saída, facendo preguntas e imaxinando como será o seu novo centro. A curiosidade, a ilusión e as ganas de aprender acompañarán cada paso desta visita tan esperada.
Estamos seguras e seguros de que será unha xornada inesquecible, chea de sorrisos, descubrimentos e novas amizades. Porque medrar tamén significa abrir portas a novos camiños, e este é un deles.
Boa viaxe cara a esta nova etapa! O futuro agárdavos coas portas ben abertas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario