mércores, 30 de xaneiro de 2019

A pomba Mari PAZ

Ola peques!!!

Este martes na Pingüibiblio, coñecéstedes a outra ave coma min chamada Mari PAZ. 

Polo que me contaron as mestras Susana e Chus, foi unha lectura que fixo que lle dérades a cachola. 

Se está claro que para conseguir o que unha persoa desexa o mellor é buscar a solución menos violenta e máis ventaxosa.


Clicade no libro.

Este conto foi escrito por Carmen Gil . Unha creadora moi importante, fai que as lecturas sexan fantásticas. Invítovos a visitar a súa páxina, veredes que cancións e poemas máis chulos.


As súas ilustracións son de de Avi. Mira as súas publicacións, que interesantes!

Como sodes uns curiosos e curiosas espiade o que fixemos pola tarde...
  








martes, 29 de xaneiro de 2019

Vídeo do Día da PAZ

Ola artistas!!!!

VAIA PELÍCULA MONTÁSTEDES!!!

Estades xenial!!!

PREPARADAS E PREPARADOS, LISTAS E LISTO, XAAAAAA...


A pasado ben! Paz pingüins!!!

luns, 28 de xaneiro de 2019

Chega a semana da paz!

Ola pazamiguetes!

Xa sabedes que o día 30 de xaneiro celébrase o día escolar da non violencia e a paz. Nas recomendacións do blogue temos un enlace a unha presentación sobre esta data tan importante. Aposto a que nas escolas ides falar e traballar a favor da paz.

Un colega pasoume a información, de que estades a gravar un vídeo superxenial sobre este tema. Espero velo moi prontiño. Conto con el!

Este martes como non imos charlar sobre o tema, e ver que cousiñas podemos facer para que neste universo reine a non violencia. 

Na vida hubo gente como John Lennon que loitou para acadar un cambio na sociedade coa sua labor e as suas cancións. En Coruña, tedes unha escultura adicada a el. Está nos xardíns Méndez Núñez.


Recordades que o ano pasado...?







venres, 18 de xaneiro de 2019

Non hai biblio!!!

A ver excursionistas!!! Que cando ides de viaje non hai quen conte con vós.

Pasadeo moi ben en Coruña e non esquezades seguir lendo e visitando outras bibliotecas ademais da nosa.

Recordo que debido ao horario que temos o martes non teremos biblioteca. Sinto, mándovos moitos bicos. 

mércores, 16 de xaneiro de 2019

Jack Escarcha

Ola muchachada!

Que tal este martes?. Polo que vexo pasàstedes un pouco de frío porque Jack Escarcha chegou a nosa pingüibiblio. A que é chulísimo o conto?.
Foi escrito e ilustrado por Kazuno Kohara. É unha autora xaponesa residente en Reino Unido, entre os seus libros podemos atopar títulos como:




Pero polo que puiden ver non so gozástedes o contó senón tamén fixéstedes nevé. Que bo!







luns, 14 de xaneiro de 2019

Este inverno moito frío trae

Ola conxelakolegas!!!

Pásavos o mesmo ca min? Mira que son un pingüín e o frío é o meu amigo, pero estos días ando co peteiro conxelado e colorado. 

Tedes que abrigarvos e tomar cousas quentiñas: chocolate con churros, leite quente, un anaco de leña ardendo... UIIIII!!! Esto último non!!! que se me vai a pinza.

A saúde e o seu coidado e moi importante. Pensade que agora xa pronto imos ter unha saída ao Planetário. Xa oín por ahí que estades investigando sobre o universo. Ollade o video:


Xa non queda nada.

Vinde esta tarde a pingüibiblio. Conto con todo o mundo!!!

Recordadelle aos papás, mamás, avoas, avós... que veñan a escola que teñen no horario de biblioteca, nunca é tarde para aprender algo novo ou recordar o aprendido. 

mércores, 9 de xaneiro de 2019

Adivina canto te quero...

Si amigas e amigos este é o título do conto que vimos:


Aprendimos que o amor é moi difícil de tasar. Uns pensaban que o peso, outras dando apretas e bicos... Pero é moi complicado.

Este libro foi escrito por Sam McBratney. Como podedes apreciar na súa biografía escribeu outros libros moi interesantes: 

  
A súa ilustradora é Anita Jeram. Mirade algunha das suas ilustracións:

  
Ademais fixemos un xogo onde experimentamos con palabras para querer ou non:

 

luns, 7 de xaneiro de 2019

Volvamos a biblioteca!

Ola pingüinamiguetes:

Que tal nestas datas de Nadal? Xa me enterei que coméstedes moitos doces e vistedes aos Reis. Eu tamén celebrei as festas en compaña da miña familia. Comimos moito peixe e xogamos coa neve un montón. Meu curmá Edelmiro pillou unha gripe grande pero con mel e escamas de peixe recuperou nun santiamén. 

Quero recordar que voltamos a ter bibliopingüi así agardo por todos vós. Imos ter un conto no que imos ver como se podría contar o amor e o cariño. Sabedes como? VINDE A DESCUBRILO!!!