mércores, 29 de maio de 2024

GRAN FESTA, GRAZAS MARIA DA PONTRAGHA E A MIGHELON PAZ

 Xa vístedes que sorpresa tan impresionante tiñamos!

María da Pontragha acompañounos nunha tarde maravillosa e mostrounos un mundo máxico creo de creatividade e ilusión.
María da Pontragha é o alcume de María Iglesias, unha educadora e antropóloga que dende sempre mantivo un vínculo moi forte coa tradición oral, tanto a través da música coma da palabra en si. No 2009 comezou a súa andaina no mundo da narración centrándose na recuperación e actualización das historias populares e de tradición oral e cun gusto especial polas historias que se centran nas mulleres do país. É ademais percusionista e vocalista nos grupos Bouba e Lévedo, e vocalista no grupo Sacha na horta. (Fonte, Festival internacional de narración oral Atlántica).

Xunto a ela estivo a sua parella Mighelon Paz. Queredes ver un recordo do día? Pois adiante!








xoves, 23 de maio de 2024

Festa despedida da Pingüibiblio en Vilarromarís; curso 2023 - 2024




 Ola familias do CRA de Oroso!


Temos unha nova que non vos podedes perder! O próximo 28 de maio, na Pingüibiblio en Vilarromarís, celebramos a despedida das actividades de bibliotecas feitas na sede e facémolo dunha maneira moi especial: cunha máxica sesión de contacontos ao aire libre!


Data: 28 de maio

Hora: de 17:00 a 18:30

Lugar: No campo da festa de Vilarromarís, sempre que o tempo o permita. Senón poidera ser alí avisaríase da nova ubicación.


Comprácenos anunciar que contaremos coa presenza dunha contacontos espectacular e marabillosa, mostraranos con paixón historias de aventuras e fantasía convértena nunha narradora única. Os seus contos están cheos de ilusión e encanto, e estamos seguras de que tanto nenas e nenos como as persoas adultas quedarán engaiolados pola súa arte.


Esta actividade non só é unha oportunidade única para gozar dun evento cultural enriquecedor en familia, senón tamén unha maneira perfecta de pechar o ano escolar cunha experiencia inesquecible. Queremos que todos e todas se sintan parte desta celebración, compartindo a maxia dos contos nunha contorna natural que potenciará aínda máis a beleza das narracións.


Por que non poden faltar?


Unha ocasión irrepetible: A nosa contacontos ten unha habilidade especial para transportarnos a mundos marabillosos. Perderse esta oportunidade sería como deixar pasar un tren cara a un mundo de fantasía.


Conectar coa natureza: Se o clima o permite, gozaremos dos contos ao aire libre. Unha experiencia que enriquecerá os sentidos e fomentará o amor pola contorna rural.


Despedida do ano escolar na Pingüibiblio da sede: Queremos que esta xornada sexa un bonito recordo de fin de curso, celebrando todo o aprendido e vivido durante o ano.


Fomento da lectura: Os contos non só entreteñen, senón que tamén inspiran á lectura e á aprendizaxe. Esta actividade é unha excelente maneira de motivar aos nosos pequenos e pequenas a seguir explorando o marabilloso mundo dos libros.


Non deixedes pasar esta oportunidade única de gozar en familia e comunidade dunha actividade que promete ser máxica e memorable. Estamos a desexar vervos por alí!


Non faltedes! A maxia dos contos espéranos.


Con agarimo,

O equipo do CRA de Oroso

mércores, 22 de maio de 2024

Fantástico martes!

 Este martes falamos sobre un tema moi especial ao que adicamos o mes de xuño. 

Coñecemos a Luisa e a súa historia: "Ahora me llamo Luisa"; Este conto foi escrito por Jessica Walton, unha profesora australiana a cal nos mostra mediante as súas diferentes publicacións o mundo LGTBIQ+. O seu ilustrador é Dougal MacPherson.

Queredes coñecer o conto? Clica no vídeo.



Pero non so coñecimos este conto senón un moi especial titulado: ¿Quién eres tú?.


Este libro foi escrito por Brook Pessin - Whedbee. Unha mestra, fundadora de la Alianza de Escuelas Inclusivas de Género en Berkeley, que como ela dí: desafia as normas de xénero. E colaborou coa ilustradora Naomi Bardoff.






luns, 20 de maio de 2024

Martes LGTBIQ+

 


Queredes coñecer o mes do Orgullo?. Esperámosvos na Pingüibiblio!

mércores, 15 de maio de 2024

Feliz día das Familias

Hoxe, 15 de maio, celebramos o Día Internacional das Familias! No noso centro rural agrupado @craoroso de #educacióninfantil e #educaciónprimaria, queremos honrar a todas as #familias que nos rodean. Sabemos que cada familia é única e especial, e a súa diversidade enriquece a nosa contorna escolar e, sobre todo, a aprendizaxe do noso alumnado.


Para conmemorar este día tan especial, preparamos un pequeno obsequio con moito agarimo: un xabón artesanal e unha chapa exclusiva de Polos Creativos, todo impregnado co encantador aroma da lavanda. Este detalle é un símbolo da nosa gratitude e aprecio polas familias que forman parte da nosa comunidade educativa.
A lavanda, coa súa fragrancia calmante e as súas propiedades relaxantes, representa o amor e o coidado que cada familia ofrece a súa cativada. Lémbranos que, sen importar a súa forma, cada familia é un piar fundamental na vida dos nosos pequenos.
Grazas por ser parte desta gran familia escolar! Sigamos celebrando e valorando a diversidade, porque cada familia é unha peza esencial no gran mosaico da nosa comunidade educativa. Medramos Contigo.



Que bonita tarde!

 Este martes fixemos unha reunión especial na biblioteca onde a familia de Zoe nos ensinou a facer unha manualidade moi especial. 

Xa sabemos que o noso tempo é moi cambiante, as veces chove e outras o sol rabea por sair, pero coa experiencia que creamos vimos que a pesar de todo o arco da vella sempre sae.

Escoitade este poema musicalizado de Manuel María sobre este espectáculo da natureza:


Queredes ver un pequeno resume do día?


ueno resume do O libro que nos mostrou Laura chámase: 

El gran libro de los animales de Laura
de Liesbet Slegers



martes, 7 de maio de 2024

Lectura e familias

 Grazas a familia de Pablo por colaborar coa nosa pingüibiblio facendo unha experiencia tan especial. Observamos os nosos cambios no tempo e como fai que cada día sexamos máis maiores e progresemos na vida. 




xoves, 2 de maio de 2024

Martes de Lectura e Familias

 Ola pingüins!

Será un día espectacular!. Imos a ter a sorte que na biblioteca nos acompañe a familia de Pablo. Vai mostrarnos o transcurso da vida cunha experiencia moi especial. Para poder facela so tede que traer...

3 FOTOGRAFÍAS:

- 1 de cando érades bebé.

- 1 de cando xa medrástedes un pouco.

- 1 de como sodes agora mesmo.

Non o esquezades, contamos von vós!




mércores, 1 de maio de 2024

Que martes máis panceiro


 Ola comepáns!

Imos rememorar o acontecido este martes panceiro. Coñecimos a unha galiña moi especial chamada: 

Clica na foto

Este libro foi escrito por: Pilar Martínez. É mestra e vivíu en moties lugares do mundo dende Australia, Sahara ou mesmo en Galicia.

O ilustrador foi  Marco Somà . Se queredes coñecer a súa obra podedes visitar o seu Instagram: https://www.instagram.com/marcoillustratore/

Pero non só afondamos no mundo da gallina roxa senón que tamén fixemos unha festaza recordando aos nosos colegas de Migallas coas súa obra: Pan de Millo.


Vistáronos no Nadal!