mércores, 28 de febreiro de 2018

Vaia tarde máis divertida!

Que tal chavalada?

Recordades o conto que vimos este martes? Si? Non?... Fagamos memoria. Sacade as arañas que tedes na cabeza e dádelle os miolos...

Este libro foi escrito e ilustrado por Anna Llenas. Esta autora é moi coñecida por todas e todos. Seguro que recordades algunha das súas obras. Mirade:

Este conto tan especial ten unha canción moi orixinal que debedes escoitar: 





E esta de propina!








luns, 26 de febreiro de 2018

Un novo conto na biblioteca

Ola amores:

Nunca vos dixeron que o amor todo o pode?. Dise que onde hai amor temos ledicia. Sen o amor o mundo non se movería nin existiría.


Supoño que todas e todos vós tedes a persoas ás que adorades e queredes con tolemia. Eu tamén. Aínda que ás veces... Custa moito. Por que me enfado, non fan o que eu quero ou simplemente non me saio coa miña.
Pero a pesar de todo isto séguenme querendo e eu tamén os amo.

O conto deste martes é sobre ese sentimento tan especial. Vinde verme, pasarémolo fenomenal.


Unha cousiña! Atopei un xogo moi guai, espero que gocedes del.

mércores, 21 de febreiro de 2018

Apípolis

Ola abelleir@s!

Unha abella chegou á biblioteca e díxome ao oído que o pasástedes fenomenal en Apípolis. Despois como me pode a curiosidade decidín visitar a páxina web do CRA. E alí mesmo, estaban as vosas fotografías. Moito rin. 

Creo que este ano farei unha visita a Pontevedra para ver ese maravilloso lugar. Clicade na imaxe e iredes ás fotografías.



mércores, 14 de febreiro de 2018

O 20 de febreiro non temos biblioteca...

Estou moi triste!!! O martes non temos sesión de animación a lectura e vou ter falta de vós. Teño moitas ganas da vosa compañía.

Bueno, o positivo é que seica ides de excursión a APIPOLIS en Pontevedra. Que envexa!. 

Eu teñolle moito respeto as abellas porque sen elas o mundo desaparecería. Grazas a súa labor temos esta vida tan maravillosa, chea de flores e froitos.

Entereime dunha cousiña. Sabedes quen vai estar no cine?. Pois...



A abella Maia estreouse en España fai 40 anos, xa é un pouco velliña. Pero o seu comezo foi con un libro de orixe alemá do ano 1912. Actualmente, é unha gran defensora xunto con Greenpeace da súa vida e do cuidado dos enxames do mundo.

sábado, 10 de febreiro de 2018

A gozar do entroido!!!

Ola!!!

Temos unha ponte a vista. Chegou o tempo das filloas, orellas, a cachucha, o cocido quentiño... Quero que visitades as vosas mellores galas e vós divertides nestas datas.

Clicade en min e podedes ver as fotos do voso festival:


mércores, 7 de febreiro de 2018

GRÚFALO.

Ola pingüiamig@s!

Xa vístedes que conto tan xenial! O GRÚFALO! e como non; A FILLA DO GRÚFALO!.

  
Clicade nas imaxes.

A escritora destes contos é Julia Donaldson e o ilustrador Axel Scheffler. Son dúas persoas moi importantes no mundo editorial. Teñen obras preciosas.

Este conto gañou moitísimos premios. Segundo din a autora basouse nunha lenda do folklore chino.

Pero tamén se fixo unha película titulada O Grufalo e A filla do Grufalo. Penso que vós gustaría velas. Aquí queda un anaco de cada unha delas, atent@s:





luns, 5 de febreiro de 2018

Días de entroido...

Ola amoriños!

Xa sei que estades de festa estes días. Para min é un espectáculo xenial, onde participo todos os anos. Unha vez vou de pataca, en outra de koala, pata de xamón, tractor... Todo é poñerlle imaxinación.

Pero o desfrace que máis me gusta é o de... MONSTROOOOO!!! Moito me mola ir asustando a xente e meténdome con ela. E que pártome o pico coa risa. Cando comezo a gargallar non hai quen me pare.

Pois dixéronme que nesta data anda pola biblioteca un monstro moi especial. Ademais de ser superfamosísimo.

Eu creo que debedes vir a velo. Recomendo cueiros se alguén e floxo ou floxa de ventre, que despois non quero cacolas, eh?.

Para que xoguedes un pouco:


Un Lim feito por Ana Martínez Rey. 


venres, 2 de febreiro de 2018

Xa está aquí o PINGÜIMECO!

Ola entroideir@s:

Chega o entroido e o PINGÜIMECO. Facede caso as recomendacións e a gozar da trangallada.

Clicade en Pingüi.